Muller investigadora

External Academic Internships

This content is currently not available in English

As prácticas académicas externas, reguladas polo Real decreto 592/2014, do 11 de xullo, son unha actividade de natureza formativa que ten como obxectivo que o alumnado aplique e complemente os coñecementos adquiridos na súa formación académica

Modalidades


Prácticas curriculares

As prácticas curriculares configúranse como actividades académicas integrantes dos plans de estudo, que recollerán o seu carácter obrigatorio ou optativo así como a súa duración en ECTS. Para realizalas, o alumnado terá que estar matriculado na devandita materia e na súa superación quedará recollida no expediente académico.

Prácticas extracurriculares

O alumnado poderá realizar, con carácter voluntario, prácticas extracurriculares ao longo dos seus estudos. Non forman parte do plan de estudos nin do expediente académico. Para realizalas, o alumnado deberá estar matriculado na Universidade de Vigo nas ensinanzas para as que se ofertan as prácticas. No caso de estudantes de grao, deben ter superado o 50% dos créditos necesarios para obter a titulación.


Onde se poden realizar


Entidades colaboradoras de ámbito nacional

Empresas, institucións ou entidades públicas ou privadas cando exista un convenio de cooperación educativa coa Universidade de Vigo.

Na propia Universidade de Vigo

En unidades e servizos da propia Universidade de Vigo cando exista un acordo interno entre o responsable académico e o responsable da unidade ou servizo de acollida. Este acordo debe contar co visto e prace da vicerreitoría correspondente ou xerencia, de ser o caso.

Prácticas internacionais

Cando as prácticas se desenvolvan no estranxeiro poderán desenvolverse no marco Erasmus ou ben como prácticas con convenio de cooperación educativa. Para máis información, podes consultar a web da Oficina de Relacións Internacionais.

 

Máis información:

Unidade de Emprego e Emprendemento
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo

Linkedin