Solicitudes ata o 15 de decembro

Programa de bolsas-prácticas ONCE-CRUE

UVigo - Scholarships 01/12/2022

A Universidade de Vigo convoca o programa de bolsas-prácticas ONCE-CRUE para o curso 2022/2023.

A finalidade do programa é facilitar o desenvolvemento de prácticas académicas externas dirixidas ao estudantado universitario con discapacidade para mellorar asúa empregabilidade e o seu futuro profesional

As prácticas terán unha duración de tres meses consecutivos e poderán desenvolverse desde o día seguinte á publicación da resolución de concesión das bolsas por parte da Universidade de Vigo ata o 30 de novembro de 2023.

O prazo de solicitudes amplíase ata o 23 de decembro de 2022.

Na seguinte ligazón están dispoñibles os detalles da convocatoria:

Convocatoria

 

Máis información

Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos
Edificio Exeria
As Lagoas - Marcosende
36310 Vigo
+34 986 814 094
bolsas@uvigo.gal