University Ombudsman

This content is currently not available in English

As funcións do valedor ou valedora universitaria cúmpreas o Tribunal de Garantías que é o comisionado do Claustro Universitario para a defensa dos dereitos dos membros da comunidade universitaria. Poderá supervisar a actividade da administración universitaria e dará conta ao Claustro.

 

Que fai o Tribunal de Garantías?

O Tribunal, no desenvolvemento das súas funcións, poderá:

  • Esixir, de oficio ou a pedimento da parte interesada, toda a información que considere oportuna para o cumprimento dos seus fins.
  • Presentarlle informes ao claustro e, se é o caso, propostas de repercusión dos danos estimados.
  • Xestionar, diante dos órganos competentes, a corrección dos defectos observados no seu funcionamento.
  • Requirir do órgano universitario competente a satisfacción do oportuno interese lexítimo.
  • Propoñerlle ao claustro un voto de censura contra o titular dun órgano unipersoal que, a pesar dos requerimentos, non modifique a súa conduta contraria ao dereito.
  • Actuar como mediador cando sexa requirido.

 

Como apoia ao alumnado o Tribunal de Garantías da UVigo?

 

Valedoría Universitaria

 

Máis información:

Edificio Filomena Dato, 2º andar
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 830
secvaledora@uvigo.es