Programa de Doutoramento en Protección do Patrimonio Cultural

Knowledge area

Área de Enxeñaría e Arquitectura
Área de Artes e Humanidades

Faculty to which it is assigned

Coordination of the degree

Julia Armesto González

Información administrativa

Escola Internacional de Doutoramento

Campus

Vigo

RUCT code

5601319

Description

O Programa de Doctorado en Protección do Patrimonio Cultural pretende xerar un espazo de encontro interprofesional entre os distintos axentes que participan na protección do patrimonio nas súas diferentes perspectivas: documentación e valoración do ben, caracterización dos materiais do ben e da contorna que o rodea, mecanismos de deterioro e diagnóstico e finalmente intervención directa ou indirecta sobre o patrimonio co obxecto de protexelo

Este Programa tamén pretende dar resposta á actual demanda de formación de carácter investigador por parte dos colectivos implicados na protección do patrimonio cultural, agrupando todas as disciplinas posibles que participan ou contribúen á protección do patrimonio nun marco común de encontro, intercambio e colaboración na formación superior.

Year of beginning impartation: 2017
Date of publication in the DOG:
Date of publication in the BOE:
New entry seats: 2

  • Caracterización e diagnóstico de materiais e estructuras; avaliación de riscos
  • Biodiversidade no patrimonio cultural. Biorreceptividade e biodeterioro
  • Cambio climático e patrimonio cultural
  • Intervención directa en el patrimonio: avaliación de tratamentos de conservación
  • Conservación do patrimonio industrial
  • Novas tecnoloxías de documentación cartográfica de bienes culturais: UAV, LiDAR HighRes, Intelixencia Artificial
  • Teledetección e SIG para a xestión do patrimonio histórico-cultural
  • Técnicas non destructivas de prospeción e avaliación de xacementos
  • Fotogrametría y 3D laser scanner para la caracterización de bienes culturales
  • Modelización e análise estrutural de construcións patrimoniais
  • Patrimonio Histórico-Artístico e urbanismo
  • Territorio e Paisaxe Histórica
  • Valoración, xestión e difusión do patrimonio cultural
  • Antropoloxía socio-cultural, paisaxe cultural e patrimonio cultural inmaterial
  • Patrimonio natural: xeodiversidade, área protexidas e desenvolvemento sostible
  • Lexislación e xurisprudencia do PC
  • Fontes e patrimonio documental na historia
  • Memoria, política e sociedade
  • Patrimonio, sociedade, cultura e identidades
  • Poder e Institucións na Historia

O Real Decreto 99/2011 de 28 de xaneiro, polo que se regulan as ensinanzas oficiais de doutoramento, establece no seu artigo 10.3 que os programas de doutoramento deberán someterse a un procedemento de avaliación cada seis anos a efectos da renovación da acreditación á que se refire o artigo 24 do Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro.

Neste contexto a ACSUG, en base aos criterios definidos pola REACU, e de acordo cos estándares internacionais de calidade, establece as liñas básicas de actuación para os procesos de verificación, seguimento, modificación e renovación da acreditación (VSMA).

Na Escola Internacional de Doutoramento (Eido) xunto coa Área de calidade da Uvigo estase traballando no deseño dun Sistema de Garantía da Calidade (SGC) que facilite os procesos derivados das directrices nacionais e internacionais en materia de calidade.