Programa de Doutoramento en Tecnoloxía Aeroespacial: Enxeñarías Electromagnética, Electrónica, Informática e Mecánica
Knowledge area
Administrative information
Escola de Enxeñaría de TelecomunicaciónCoordination of the degree
Fernando Antonio Aguado AgeletCentro ao que se adscribe
Escola Internacional de Doutoramento
Campus
Código RUCT
Contacto
-
Enrique Aldao Pensado
Nome: Deseño e simulación de protocolos de detección e evasión de obstáculos para Mobilidade Aérea AvanzadaData de lectura:Tese con mención internacionalDirectores:Higinio González Jorge, Luis Miguel González de Santos, Fernando Veiga López
-
Marwan Taher Mezher
Nome: Comportamento á fatiga da unión soldada por puntos de resistencia de metais similares e disímiles (aceiro inoxidable e titanio)Data de lectura:Directores:Alejandro Pereira Domínguez
-
Yanina Soledad Hallak Fiorenza
Nome: Análise do alcance das tecnoloxías de protección térmica aplicadas a pequenos satélites en diferentes órbitasData de lectura:Directores:Fernando Antonio Aguado Agelet, Fermín Navarro Medina, María Isabel Pérez Grande
-
Andrés Eduardo Villa Granata
Nome: Avaliación dos requisitos de apuntamento de alta precisión para a determinación e control de inclinación de pequenos satélitesData de lectura:Directores:Fernando Antonio Aguado Agelet
-
Uxía García Luis
Nome: Estudo termo-elástico da plataforma de apuntamento para telescopios espaciaisData de lectura:Directores:Fernando Antonio Aguado Agelet, Fermín Navarro Medina
-
Santiago García Fernández
Nome: MÉTODOS AVANZADOS EN ELECTROMAGNETISMO COMPUTACIONAL APLICADOS A PROBLEMAS MULTIESCALA EN PLATAFORMAS NAVAISData de lectura:Directores:José Manuel Taboada Varela, Marta Gómez Araújo
-
Pedro Orgeira Crespo
Nome: Re-definición de procesos de fabricación en converxencia a Industria 4.0Data de lectura:Directores:Fermín Navarro Medina
-
Juan González Núñez
Nome: Arquivado de datos astronómicos a grande escala para a misión Gaia da ESAData de lectura:Directores:Fernando Antonio Aguado Agelet
-
Lorena María Pérez Eijo
Nome: Antenas reflectoras de exploración de nova xeración en sistemas de detección en milimétricas para a reconstrucción en movemento en aplicacións de seguridade.Data de lectura:Directores:Antonio Pino García, Borja González Valdés
-
José María Núñez Ortuño
Nome: Sistema de telemetría para aplicacións radar de alta resoluciónData de lectura:Directores:Marta Gómez Araújo
-
José Vázquez Cabo
Nome: Espectrometría en terahercios: análise, procesado e aplicaciónsData de lectura:Directores:Pedro Chamorro Posada
Description
O programa de doutoramento responde a unha demanda do sistema de I+D+I tanto nacional como internacional, como é a de profesionais formados nos campos das tecnoloxías de aplicación aeroespacial, incluíndo as comunicacións por radio, integración de sistemas, así coma as enxeñarías electromagnética, mecánica, electrónica e informática.
O programa de doutoramento, configúrase agora polo tanto como unha conxunción de varios equipos de investigación cun obxectivo común, o desenvolvemento de tecnoloxía susceptible de ser empregada en proxectos aeroespaciais. Trátase dun ámbito formativo que pode considerarse estratéxico para a Universidade de Vigo, e que permite estender cara ao doutoramento o proxecto formativo en tecnoloxía espacial que se iniciou co lanzamento de Xatcobeo, o primeiro satélite Galego, á vez que se orientan nun mesmo obxectivo diferentes grupos con gran experiencia previa en formación doutoral, como demostra o lanzamento recente dos satélites HUMSAT-D e SERPENS.
A relevancia destes desenvolvementos tecnolóxicos radica non só na súa posible aplicación aeroespacial, senón tamén noutros campos de aplicación que xorden na industria en sectores tan variados como as telecomunicacións, a automoción, o sector naval, as aplicacións biomédicas ou novos sistemas de produción industrial. Deste xeito, o presente doutoramento é unha excelente oportunidade para incorporar ao tecido industrial un novo perfil de profesionais cunha alta formación específica.
Liñas de investigación
- Análise e deseño avanzado de antenas de apertura e arrays
- Dependencia espacial e predicción Kriging
- Tecnoloxías de radar: sección recta, formación de imáxenes e problemas inversos
- Tecnoloxías de THz: generación, radiación, dispersión e detección
- Supercomputación electromagnética e a sua aplicación a caracterización e deseño de nanoantenas, metamateriais e dispositivos plasmónicos
- Tecnoloxías avanzadas de Comunicacións Ópticas:dispositivos, sistemas e redes
- Tecnoloxías cuánticas para comunicacións
- Modelado de canle radio
- Análise e deseño de circuitos de mircoondas e ondas milimétricas
- Exposición a campos electromágneticos
- Ensaios non destrutivos
- Tecnoloxías informáticas:Computación Paralela e distribuida. Computación Evolutiva e Bioinspirada.Optimización Multiobxectivo
- Computación reconfigurable e empotrada. Redes de sensores inalámbricas
- Enxeñaría de Sistemas Espaciais, AIV, Operación, Propulsión e Segmento Terreo
- Ensaios sobre vehículos compoñentes e Pezas
- Medición, pegado e optimización de fibra de carbono
- Realización de cálculos FEM sobre aceiro, fibra e materiais compostos
- Análise tomográfico
- Fiabilidade de sistemas electrónicos
- Sensores
- Convertedores electrónicos de potencia
- Enxeñaría de Software Aeroespacial
The Doctoral Quality Assurance System at the University of Vigo is institutional in nature.
It is directed and coordinated through the International Doctoral School (EIDO).
General information on quality management in PhDs (documentation of the quality assurance system, quality policy and objectives, quality programs, EIDO Quality Commission) is available at this link.




