Máster Universitario en Dificultades de Aprendizaxe e Procesos Cognitivos

Características

Campus: Ourense
Tipo: Postgraduate
Modalidade: Presencial
Prazas: 25
Número de cursos: 1
Código:
O05M053V01

Área de coñecemento

Área de Ciencias Sociais e Xurídicas

Coordination of the degree

María del Mar García Señorán

    Descrición

    Con este Máster trátase de adquirir unha formación avanzada, especializada e multidisciplinar, orientada a coñecer o estado actual da investigación no ámbito das dificultades de aprendizaxe e os procesos cognitivos. Iso require comprender o funcionamento dos procesos cognitivos e as súas implicacións nas dificultades de aprendizaxe; coñecer e aplicar métodos e técnicas de investigación no campo das dificultades de aprendizaxe e os procesos cognitivos; deseñar, planificar e implementar investigacións para contribuir científicamente ao avance do coñecemento.

    Centros escolares de infantil, primaria e secundaria; Equipos e servizos especializados de orientación educativa e psicopedagóxica, departamentos de orientación, equipos de orientación provinciais; Centros de detección e tratamento das dificultades de aprendizaxe; Área educativa de concellos, deputacións; Centros de Formación e Recursos; Centros públicos e privados de I+D+I.

    Para acceder a este Máster terán preferencia quenes posúan as licenciaturas en Psicopedagoxía, Psicoloxía, Pedagoxía, diplomados en Maxisterio (Educación Especial, Audición e Linguaxe, Educación Infantil e Educación Primaria) e os seus equivalentes de título de grao (titulacións adaptadas ao EEES) previa valoración do expediente académico. Tamén poderán acceder aqueles titulados que sexan mestres de ensinanza secundaria, primaria e infantil en activo, previa valoración do seu curriculum profesional.