Grao en Bioloxía

Características

Campus: Vigo
Tipo: Undergraduate program
Créditos ECTS totais: 240
Modalidade: Presencial
Prazas: 75
Número de cursos: 4
Código:
V02G031V01

Área de coñecemento

Área de Ciencias

Coordination of the degree

Mercedes Gallardo Medina

Descrición

A bioloxía é considerada unha parte esencial do coñecemento. Por iso, o Grao en Bioloxía proporciona coñecementos e destrezas en morfoloxía, sistemática, estrutura e función dos seres vivos, da interacción intra e inter específicas da súa adaptación co medio que lles rodea. Un dos obxectivos da titulación de grao é a formación de profesionais que sexan quen de producir avances neste campo imprescindibles para o desenvolvemento da sociedade.

- Ámbito biosanitario: análise clínica (laboratorio de bioquímica, microbioloxía, inmunoloxía, xenética…), B.I.R. (hospitais públicos), análise xenética, reprodución humana, nutrición e dietética, investigación biomédica
- Medio ambiente: estudos de impacto ambiental, análise da calidade dos ecosistemas e auditorías ambientais, xestión de espazos protexidos, restauración de solos e do medio ambiente, tratamento de residuos
- Recursos e produción: mellora de explotacións (recursos vexetais, animais e fungos), acuicultura, helicicultura, apicultura, introdución de novas especies, biotecnoloxía industrial, agraria e agroalimentaria, viveiros, herboristería e xardinería, produción farmacolóxica (medicamentos, vacinas, etc.).
- Control de Calidade: análise e control de alimentos e de augas, control de calidade en biotecnoloxía industrial, en laboratorios analíticos e na industria biomédica e farmacolóxica
- Formación e docencia: docencia nos diferentes niveis formativos: aprendizaxe en secundaria, formación profesional, formación ocupacional e universidade
- Investigación, desenvolvemento e innovación: proxectos de investigación básicos e aplicados nos ámbitos biolóxicos (bioloxía celular e molecular, xenética, bioinformática, biotecnoloxía, biomedicina, medio ambiente e recursos naturais…)
- Sector do ocio e Outros servizos: ecoturismo, xardíns, zoolóxicos, museos, parques naturais, representación comercial, etc

O obxectivo xeral do título é proporcionar unha formación de carácter xeral ás graduadas e os graduados en Bioloxía que lles capacite para exercer a profesión regulada do biólogo. As graduadas e os graduados adquirirán capacidade de organización, análise e síntese, para poder proporcionar servizos de calidade aos cidadáns, mediante un razoamento crítico e o aprendizaxe continuado.

A Facultade de Bioloxía participa activamente nos programas de mobilidade de estudantes, fundamentalmente nos programas Sicue (Sistema de Intercambio entre Centros Universitarios Españois) e Erasmus para o intercambio de estudantes con universidades españolas e europeas, respectivamente. A Facultade de Bioloxía ten convenios con todas as universidades españolas que imparten a titulación e con universidades europeas de Alemania, Francia, Grecia, Italia, Polonia, Portugal, Reino Unido e Turquía cun total de 58 pazas de intercambio anual.

O grao ofrece a posibilidade de graduarse obtendo unha das seguintes mencións:
- "Bioloxía aplicada á produción"
- "Bioloxía aplicada ao medio ambiente"
- "Bioloxía aplicada á saúde"
O alumnado pode, tamén, non optar por ningunha das mencións e poderá elixir optativas sen ceñirse a ningún patrón específico.

A titulación de Grao en Bioloxía require que o alumnado conte cunha serie de aptitudes e coñecementos previos na relación coas ciencias da vida, así como dun alto nivel de motivación que facilite o seu progreso nos estudos.
- Posuír un amplo coñecemento das ciencias básicas: física, química, matemáticas e bioloxía. Son recomendables os coñecementos de xeoloxía e, a ser posible, coñecementos do idioma inglés, polo menos a nivel de comprensión
- Expresarse adecuadamente de maneira oral e escrita
- Ter interese polos temas que se relacionan coa natureza e inquietude por coñecer os seres vivos e os seus procesos vitais, así como preocuparse polos problemas medioambientais
- Posuír capacidade de observación e análise, motivación para o traballo de campo e de laboratorio, disciplina de estudo e con disposición a ser parte activa do proceso de aprendizaxe, con preocupación pola calidade e motivación por alcanzar os obxectivos