Grao en Dirección e Xestión Pública

Características

Campus: Pontevedra
Tipo: Undergraduate program
Créditos ECTS totais: 240
Modalidade: Virtual
Prazas: 20
Número de cursos: 4
Código:
P04G095V01

Área de coñecemento

Área de Ciencias Sociais e Xurídicas

Coordination of the degree

Soraya Rodriguez Losada

Descrición

A principal fortaleza deste grao é o seu carácter multidisciplinar que combina as seguintes áreas de coñecemento: ciencia política e da administración, contabilidade, dereito, economía, empresa, estatística, informática, mercadotecnia e socioloxía. Grazas a esta heteroxeneidade de coñecementos o grao orienta ao alumnado dunha maneira integral cara á dirección e xestión das organizacións públicas e privadas cunha relación estreita coa Administración (xestorías administrativas, consultorías, etc.).

Técnico de organizacións públicas que inclúe catro perfís:
- Técnico/a en administracións públicas
- Xestor de organizacións públicas
- Analista de políticas públicas
- Analista político
Xestor de Proxectos que comprende tres perfís:
- Asesor e consultor
- Analista de políticas públicas
- Axente de desenvolvemento local

‐ Promover estudos no ámbito da dirección e xestión pública.
‐ Capacitar ao alumnado que curse o grao para levar a cabo labores profesionais de tipo teórico e práctico no ámbito da dirección e xestión pública.
‐ Facilitar o acceso á formación académica universitaria de calidade relacionada coa dirección e xestión pública ao alumnado de Galicia, España, Portugal e Latinoamérica.

Tanto nacional (SICUE) como internacional (Erasmus+, ISEP, programa de bolsas propias, bolsas Santander con universidades iberoamericanas).
Nesta modalidade virtual a mobilidade deberá ser presencial.

Alumnado con interese pola xestión e administración pública cunha perspectiva interdisciplinar. As súas metodoloxías e aplicacións.