Ampliación do prazo de devolución dos libros en préstamo ata o 30 de xuño

UVigo - Library 13/04/2020

Comunicámoslles ás persoas usuarias da Biblioteca Universitaria que procedemos a un cambio masivo das datas de devolución de todos os libros prestados que debían devolverse nestas semanas.  

En virtude deste cambio, a nova data de devolución é a do 30 de xuño de 2020, que poderá revisarse de novo en función da evolución da situación.