DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Nun acto que contou coa participación do reitor e o alcalde de Vigo

O alumnado das Aulas de Formación Aberta celebra o fin de curso

O discurso correu a cargo da profesora da Facultade de Filoloxía e Tradución Carmen Luna

Tags
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Estudantado
  • Estudantes
DUVI 14/06/2019

As alumnas e alumnos das Aulas de Formación Aberta, a asociación que agrupa estudantes do Programa Universitario de Maiores do campus de Vigo, celebraron este xoves a súa particular festa de fin de curso. Foi na sede cidade da Escola de Enxeñería Industrial, nun acto que contou coa participación do reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa; a concelleira de Transportes e Proxectos Estatais Europeos, Ángeles Marra, e o director da escola, Juan Pardo; así como da propia presidenta da asociación, Marina Troncoso, e da profesora da Facultade de Filoloxía e Tradución, Carmen Luna, que foi a encargada de impartir o discurso de fin de curso.

Ademais contouse tamén coa actuación do coro Aula Aberta do propio Programa Universitario de Maiores da Universidade de Vigo que, entre outras pezas, interpretou Habanera del emigrante, unha peza que se estreou neste acto e que foi creada por Regina Barros, alumna do PUM e integrante do coro, a quen, en agradecemento, se lle entregou un ramo de flores.