DUVI

Diario da Universidade de Vigo

O Mestre Fide gañou no debut en liña da proba, que reuniu máis de 450 xogadores 

Luís Medarde, campión do 8º Torneo Internacional Cidade de Pontevedra de xadrez

Representantes de 34 países participaron no torneo, organizado por la Escola Xadrez Pontevedra

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Pontevedra
  • Deportes
DUVI 29/07/2020

O Mestre Fide galego Luís Medarde, proclamouse campión no VIII Torneo Internacional Cidade de Pontevedra, no que nas dúas horas de xogo foi quen de disputar 22 partidas, cun balance de 16 vitorias, 2 empates e 4 derrotas. A segunda posición foi para o Mestre internacional ruso Oleg Vastrukhin con 18 partidas xogadas, 15 vitorias, 2 empates e 1 derrota e terceiro e cuarto foron, o campión arxentino Diego Flores, e Alexei Shirov, respectivamente, ambos invictos, pero con só 17 partidas xogadas. Pola súa banda, o primeiro xogador da Escola Xadrez Pontevedra – Universidade de Vigo, foi Rubén Fernández, que finalizou 12º na clasificación xeral.

454 deportistas participaron no debut en liña do torneo, organizado pola Escola Xadrez Pontevedra, unha cifra que pulveriza todos os rexistros previos en canto a participación. E é que a modalidade en liña propiciou que, por primeira vez, tomaran parte na proba representantes de 34 países, entre os que atopaban Afganistán, Mozambique,  Montenegro, Turquía, Israel,  ou Costa Rica. Pola súa banda, España e Arxentina foron os países con maior representación no torneo ao que concorreron 42 xogadores e xogadoras con titulación internacional, entre os que destacaron o sub campión mundial e campión en Pontevedra Alexei Shirov, o campión arxentino, Diego Flores; o uruguaio, Andrés Rodríguez; ou os españois campións de Europa por equipos españois Pérez Candelario  e Santos Latasa.

Modalidade area

O torneo disputouse na plataforma de xadrez lichess.org, baixo a modalidade “area”. Dúas horas sen pausa, a un ritmo de xogo de 3 minutos máis 2 segundos de incremento por xogada, todos contra todos, acumulando 2 puntos por vitoria, 1 por empate y 0 por derrota. O Cidade de Pontevedra foi emitido na canle youtube de Ajedrez Latino.