DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Os ourensáns gañaron o sábado a Gaztedi RT

Unha nova vitoria para o equipo de rugby do campus

Os xogadores de baloncesto sitúanse líderes de grupo

Tags
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Deportes
  • Deportes
DUVI Ourense 04/11/2019

Na actualidade deportiva dos equipos do campus de Ourense esta fin de semana destaca a vitoria do primeiro equipo de rugby fronte a Gaztedi RT e a dos xogadores de baloncesto fronte a Bosco Stores Persan. Pola contra, a categoría feminina de baloncesto continúa sen estrear o cómputo de vitorias esta tempada, sumando unha nova derrota, neste caso contra Celta Universidade de Vigo.

Rugby e baloncesto

Na sétima xornada da división honra B do rugby estatal, o Campus Universitario Ourense de Rugby gañou o sábado 13-38 a Gaztedi RT, situándose con este marcador no cuarto posto do seu grupo. Trátase, indican desde o club ourensán, “dunha importantísima e traballada vitoria a domicilio”, destacando como foi “un partido de bo xogo e con boas fases de defensa e ataque no que o Campus soubo aproveitar as súas ocasiones a través de cinco ensaios e un golpe de castigo, todos transformados por un acertado Colombo”.

Polo que respecta ao baloncesto, os equipos do campus disputaron o sábado a terceira xornada de competición consolidando a dinámica de resultados dos anteriores partidos. A categoría masculina do Universitario Campus Ourense gañou na casa na primeira división masculina por 79-50 contra Bosco Stores Persan. Con tres vitorias nos tres partidos disputados, os xogadores sitúanse líderes de grupo. Xa na primeira división autonómica feminina, o representante universitario perdeu 35-69 contra Celta Universidade de Vigo. Con tres derrotas en tres partidos disputados, as xogadoras sitúanse no último posto da táboa.