DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Co obxectivo de estreitar relacións entre os dous centros

Profesorado da National Military University of Bulgaria visita a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo

Este mércores foron recibidos pola vicerreitora do Campus

Tags
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Visitas
  • Institucional
DUVI Ourense 25/09/2019

Durante esta semana, a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense acolle a visita de Vanya Katsarska e Georgi Stanchev, profesores da National Military University of Bulgaria, a academia militar nacional dese país, e máis concretamente da súa Facultade de Aviación. No marco do programa de mobilidade de profesorado Erasmus, os docentes estarán ata o día 27 de setembro coñecendo o centro e a Universidade de Vigo, sendo este mércores recibidos por Esther de Blas, vicerreitora do Campus de Ourense. O obxectivo desta visita é estreitar as vías de colaboración entre os dous centros xa que está previsto que a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo acolla proximamente e durante varios meses a tres estudantes da facultade búlgara tamén no marco dun programa Erasmus, neste caso Internship.