DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Preto de cincuenta estudantes protagonizaron o acto celebrado en Afundación 

Tres novas promocións de tituladas e tituladas abandonan as aulas da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía 

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Estudantes
DUVI 01/07/2019

O auditorio da sede Afundacion acolleu o pasado venres o acto de graduación de catro novas promocións (dúas de grao e dúas máster) da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo. As e os 33 alumnos das VI promocións dos graos en Enxeñaría dos Recursos Mineiros de Enerxéticos e en Enxeñaría da Enerxía e as e os 13 das IV promocións do máster en Enxeñaría de Minas e en Xeoinformática recibiron as súas distincións nun acto que estivo presidido pola vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes de Extensión Universitaria, Natalia Caparrini, en representación do reitor, e no que Patricia Durany Fernández, egresada do centro e compliance & systems manager da empresa británica Viridor ofreceu unha lección maxistral.

A graduación contou coa presenza de representantes dos colexios profesionais (o decano-presidente do Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Minas e o decano-presidente do Colexio de Enxeñeiros de Minas); así como delegado territorial da Xunta de Galicia; o concelleiro de I+D e dinamización administrativa do Concello de Vigo e a directora da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía. Elena Alonso puxo en valor na súa intervención “a implicación e traballo realizado polo profesorado, PAS e alumnado do centro no desenvolvemento do proxecto formativo o longo dos últimos catro anos”, ao tempo que agradeceu a implicación e colaboración de empresas e entidades que, ao longo deste ano, implicáronse con centro.