Admisión 2020

UVigo - Communication 20/07/2020

A solicitude de acceso deberá facerse a través da plataforma de preinscrición NERTA. Se tes calquera dúbida ou precisas información adicional, envíanos un correo ou chámanos por teléfono de 9.00 a 14.00 h. Ante a situación creada pola covid-19 e co fin de garantir a seguridade do persoal de administración e servizos, a do resto dos membros da comunidade universitaria e a da cidadanía en xeral, lembrámosche que é necesario pedir unha cita para que poidamos atenderte de forma presencial nas nosas instalacións.

Campus de Vigo
986 813 630 | 986 813 755
sie@uvigo.gal

Campus de Ourense
988 387 102 | 988 387 089
asc-ou@uvigo.gal

Campus de Pontevedra
988 801 949
asc-po@uvigo.gal

Prazos de preinscrición

Preinscrición Convocatoria de xullo Convocatoria de setembro
Anticipada do 14 ao 28 de xullo  do  25 setembro ao 2 outubro
Ordinaria do 20 ao 28 de xullo  
Titulados/as universitarios(1) do 14 ao 28 de xullo  
Extraordinario de modificación de preinscrición(2) 27 de agosto  

(1) da convocatoria ordinaria de 2020 que teñan feito o depósito do título 
(2) estudantes que non se poidan matricular en ningunha das titulacións solicitadas

 

Prazos de matrícula para o alumnado admitido

Todos os plazos de matrícula indicados a continuación inician ás 00.01 h do primeiro día e finalizan ás 23:55 h do día da fin do prazo indicado


ABAU ordinaria

Quenda Listado de admisión Prazo de matrícula**
1.º 11 de agosto do 12 ao 13 de agosto
2.º 17 de agosto do 18 ao 19 de agosto
3.º 21 de agosto do 22 ao 25 de agosto
4.º 26 de agosto do 27 ao 28 de agosto
5.º 31 de agosto do 1 ao 2 de setembro
6.º 3 de setembro do 4 ao 7 de setembro
7.º 6 de outubro do 7 ao 8 de outubro
8.º 13 de outubro do 14 ao 15 de outubro
9.º 16 de outubro do 17 ao 20 de outubro

** En cada prazo de matrícula cómpre reconfirmar o interese de continuar nas listas


ABAU extraordinaria

Quenda Listado de admisión Prazo de matrícula**
1.º 6 de outubro 7 e 8 de outubro
2.º 13 de outubro 14 e 15 de outubro
3.º 16 de outubro do 17 ao 20 de outubro

** En cada prazo de matrícula cómpre reconfirmar o interese de continuar nas listas

 

Cota de reserva para os colectivos

Colectivo Porcentaxe
Persoas tituladas universitarias 1 %
Persoas discapacitadas (igual ou superior ao 33%) 5 %
Deportistas de alto nivel ou alto rendemento 3 % (Fisioterapia e Ciencias da Actividade Física e do Deporte 8%)
Maiores de 25 anos 2 %
Maiores de 45 anos 2 %

 

Información sobre a solicitude de admisión nas titulacións de grao

Cada estudante poderá presentar un único impreso de solicitude, no que indicará -por orde de preferencia- ata un máximo de cinco titulacións diferentes nas que se desexa matricular, puidendo chegar ata un máximo de dez se as solicitudes corresponden a titulacións iguais impartidas en diferentes centros.

É fundamental a orde de preferencia, posto que o estudantado será admitido nunha única titulación, que será aquela de maior preferencia na que alcance a nota do último/a estudante admitido. Unha vez admitido/a nunha titulación, o resto das titulaciones solicitadas de menor preferencia eliminaranse automaticamente da lista de agarda.

É imprescindible indicar correctamente o código das titulacións e as que se solicita acceso, xa que a asignación de prazas se leva a cabo informaticamente a partir deste código que indica o nome da titulación e o campus onde se imparte.

Lembra que este ano, como novidade, cómpre confirmar a túa lista de agarda despois da publicación de cada lista de admitidos durante o prazo de matrícula establecido para esa quenda. De non facelo, liberaranse as prazas en todas as titulacións solicitadas con estado «en agarda».

Na convocatoria extraordinaria non se ofertarán prazas nas ensinanzas universitarias que teñan a matrícula cuberta na convocatoria ordinaria, ou aquelas nas que a Ciug considere que existen datos obxectivos que permitan prever esa circunstancia. En todo caso, non se poderán deixar prazas vacantes previamente ofertadas mentres existan solicitudes formalizadas dentro dos prazos establecidos.

O alumnado poderá presentar reclamación á súa asignación de prazas por correo electrónico dirixida ao presidente da Ciug: ciug@ciug.gal. A resolución da reclamación correspóndelle á Ciug e asinaraa a persoa delegada do reitor da universidade na que se imparte a ensinanza universitaria obxecto da reclamación. O resultado comunicaráselle á persoa interesada a través dos listados de asignación de prazas ou dunha notificación e indicarase, no seu caso, o prazo para matricularse.
 

Máis información na web da Ciug