Atención presencial con cita

UVigo - Communication 01/06/2020

Ante a situación creada pola COVID-19 e co fin de garantir a seguridade do persoal de administración e servizos, a do resto dos membros da comunidade universitaria e a da cidadanía en xeral, informámosvos de que é necesario pedir unha cita para que poidamos atendervos de forma presencial nas dependencias da Universidade de Vigo.

Antes de desprazarvos ás nosas oficinas, solicitámosvos que vos poñades en contacto co persoal do servizo no que teñades que realizar as vosas xestións para que vos dea as instrucións oportunas ou a cita correspondente.

No directorio PAS atoparedes os teléfonos e os enderezos de correo electrónico de todos os servizos, as áreas e as unidades da Universidade de Vigo.

Directorio PAS

Moitas grazas pola vosa colaboración.