Simplificación e mellora dos procedementos

Folla de servizos e certificado de docencia

Para PDI

UVigo - Communication 12/12/2019

O equipo de goberno, co compromiso de simplificar e mellorar os procedementos, infórmavos de que xa se pode obter directamente desde a secretaría virtual a folla de servizos e a certificación da docencia impartida, ambas as dúas co selo da universidade e o código seguro de verificación (CSV).

No caso da folla de servizos, realizarase mediante dobre seguridade con SMS xa que dispón de datos persoais. No caso da certificación de docencia, non será necesario.

Os documentos asinados con CSV pódense verificar na seguinte ligazón:

Seguirá en vigor o sistema a través da petición por rexistro. 

Agradecemos o esforzo realizado polos traballadores e traballadoras dos Servizos Centrais, principalmente dos Sistemas Informáticos.