Ferramentas de teledocencia

UVigo Virtual

UVigo - Communication 23/04/2020


Presentámosvos as distintas ferramentas de teledocencia e de teletraballo da Universidade de Vigo:

Plataforma de teledocencia Faitic

Esta plataforma leva anos funcionando na universidade, onde é de uso habitual na docencia por parte da maioría do estudantado e do profesorado.

Faitic será a ferramenta preferente de traballo co estudantado. 

Para o profesorado que aínda non utiliza Faitic e quere iniciarse no seu uso ou ben para aquel que quere aprender a utilizar novas funcionalidades como as ferramentas de avaliación, na páxina inicial da plataforma existe un apartado de «Manuais e documentación» que pode ser de moita utilidade. Aí tamén se proporciona información de contacto para enviar calquera consulta.
 


Campus Remoto

Campus Remoto dispón dun sistema de aulas «en directo» virtuais que permiten impartir docencia mediante videoconferencia e con funcionalidades adicionais como compartir pantalla e presentacións, chat ou gravación.

Este é un servizo experimental no que se crearon un conxunto de salas de videoconferencia para cada un dos centros da universidade. As salas son xestionadas polos decanatos e as direccións e para utilizalas débese contactar con eles.

Das tres plataformas recomendadas por CRUE-TIC, a Universidade de Vigo optou por BBB (Big Blue Button), que é unha plataforma de código aberto.

 

 

Na secretaría virtual atoparedes actualizada toda a información necesaria para desenvolver a vosa actividade diaria desde a casa, con seccións sobre o teletraballo, Faitic, Campus Remoto Office 365 e videotitoriais:


secretaría virtual


Biblioteca 

Lembrámosvos que a Biblioteca Universitaria pon á disposición da comunidade universitaria distintos servizos bibliotecarios e recursos dixitais de acceso libre.


web da biblioteca


Recursos gráficos

Preme na imaxe para acceder aos distintos recursos con formato institucional:


Imaxe da portada da guía básica de identidade corporativa