Volta á actividade presencial

UVigo - Communication 02/07/2020

 

No mes de marzo de 2020, a covid-19 cambiou as nosas vidas e obrigounos a tomar medidas para garantir a continuidade da actividade docente. Desde un modelo que ten como eixo a presencialidade, nun tempo récord redeseñamos o nosos espazos de aprendizaxe, fortalecemos as nosas ferramentas de teledocencia e lanzamos Campus Remoto, o xemelgo virtual da nosa institución con 3 campus, 35 edificios, 2773 despachos e 1400 aulas. 

Na Universidade de Vigo encaramos o curso 2020/2021 cunha aposta firme pola presencialidade e a protección da saúde e da seguridade do noso estudantado e do noso persoal. 

Para garantir que te poidas formar sempre nas mellores condicións, reforzamos e desenvolvemos un modelo de docencia mixta o máis semellante posible á presencial. Cando a túa presenza nos campus non sexa posible polo número de estudantes ou polo tamaño das aulas, a través de Campus Integra poderás seguir as clases tanto desde a aula como desde a túa casa e interactuar co profesorado e cos teus compañeiros e compañeiras.

Pese ás restricións derivadas da pandemia, segundo o acordado nas sesións do Consello de Goberno do 1 e do 28 de xullo de 2020, no mes de setembro levaranse a cabo diferentes actividades nos centros e arrincarán dun xeito presencial distintos graos e mestrados.

27/10/2020

25/10/2020

22/10/2020

07/10/2020

06/10/2020

05/10/2020

02/10/2020

01/10/2020

30/09/2020

18/09/2020

17/09/2020

15/09/2020

14/09/2020

11/09/2020

09/09/2020

07/09/2020

04/09/2020

03/09/2020

02/09/2020

28/07/2020

06/07/2020

02/07/2020

Abrimos este novo apartado no portal institucional para mantervos informados de todas as novidades relacionadas coa volta á actividade presencial na nosa universidade.

Poderedes acceder a toda a información e á documentación publicada con motivo da situación xerada pola covid-19 entre o 27 de febreiro e o 1 de xullo de 2020 premendo na seguinte ligazón:

 

Máis información:

Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
viccom@uvigo.gal