Cabalos do monte no campus

Coñécenos

This content is currently not available in English

A Universidade de Vigo é unha institución nova e dinámica que che ofrece unha grande oferta formativa nos tres campus especializados e innovadores que a conforman 

Estamos presentes nos concellos de Ourense, Pontevedra e Vigo con tres campus especializados onde atoparás máis de 30 centros para a formación e para a investigación, así como instalacións para o deporte e o lecer, cunha programación cultural continuada. Contamos tamén co Campus de Excelencia Internacional, Campus do Mar , que está liderado pola Universidade de Vigo e que agrega a máis de 3000 persoas investigadoras, formando unha rede transfronteiriza de investigación e coñecemento co mar como eixe dinamizador. 

Nos nosos campus poderás estudar 125 graos e mestrados oficiais, 36 programas de doutoramento, titulacións de programación conxunta e dobres titulacións con universidades estranxeiras. Ofrecemos ademais centos de programas, eventos, obradoiros e cursos de linguas e, por suposto, o noso programa para maiores.

A Universidade de Vigo foise construíndo sobre fondos valores positivos, asentados na transparencia e na boa xestión, na integración, na igualdade, na diversidade e no respecto ao medio. Apostamos pola especialización e pola investigación de calidade e, como institución comprometida coa contorna social e económica, é central para nós a transferencia do coñecemento á sociedade, polo que procuramos que a investigación reverta continuamente no desenvolvemento social. 

Descubre a Universidade de Vigo!