Reputación e impacto

This content is currently not available in English

O rendemento de contas cara á sociedade na que se inscribe debe ser unha actividade básica de calquera administración pública, xa que a sociedade ten dereito de coñecer e fiscalizar esas actividades. Así mesmo, a presenza e o prestixio da Universidade Vigo, tanto a nivel nacional como internacional, son piares básicos para atraer o talento, as investigacións, o alumnado e incluso os recursos que axuden a manter a máis alta calidade na súa xestión, docencia e investigación e acadar os seus obxectivos de cara á sociedade a que pertencen. 


Na Universidade de Vigo somos consciente da importancia do rendemento de contas e levamos varios anos participando nas clasificacións nacionais e internacionais de educación superior máis relevantes. As diversas clasificacións valoran dende a capacidade investigadora, ata a docencia, a citación, a produción científica, os artigos académicos, a transferencia de coñecemento ou as patentes rexistradas.

Entre as clasificacións máis destacadas a nivel mundial temos o ranking de Shanghai, o Times Higher Education (THE) ou o Green Metric. A posición da Universidade de Vigo nos mesmos é a seguinte:

  • No ranking de Shangahi, no ano 2017, a Universidade de Vigo figura  no grupo de 501-800 mellores universidades do mundo a nivel global. Por campos de estudo, en 2016, a UVigo atópase entre as 301-400 mellores do mundo en Enxeñería Medio Ambiental e entre as 401-600 en Enxeñaría de Materiais. 
  • No THE, a Universidade de Vigo figura dende o ano 2013 entre as 200 universidades do mundo de menos de 50 anos. En 2017, a súa posición está no intervalo 151-200 das mellores do mundo. Destaca nos campos de ingresos por transferencia de coñecemento, cunha puntuación de 37 e de internacionalización, cunha puntuación de 36,5, onde está entre as 10 mellores universidades en España.
  • No Green Metric, que mide as universidades pola súa sustentabilidade ambiental, a UVigo ocupa o posto 118 cunha puntuación total de 5546 puntos. A puntuación máis alta é de 1302 puntos, relativos ao tratamento de residuos. A segunda puntuación máis alta obtida, con 1112 puntos, é a referente ao transporte.


No ámbito estatal, cómpre destacar que, na clasificación de transparencia das universidades, elaborado pola Fundación Compromiso y Transparencia, a nosa institución ocupa o segundo lugar como unha das universidades máis transparentes.

No portal de transparencia existe unha sección sobre clasificacións, premios e distincións onde se recollen as novas relacionadas con eses temas. Tamén se poden ver os informes sobre a posición da universidade nas distintas clasificacións. 

 

Portal de transparencia
 

Por outro lado, hai anos que na Universidade de Vigo temos un compromiso coa transparencia e co rendemento de contas, publicando información sobre os resultados da súa actividade a través da nosa web. Froito do noso compromiso e das obrigas recollidas tanto na normativa estatal, como autonómica, así como na normativa interna, a nosa universidade publica, mantén e ofrece a información actualizada máis importante relacionada cos datos máis destacables, cos indicadores económicos, académicos, de investigación etc., importantes para dar a coñecer a nosa actividade.

 

UVigo en cifras