Unha universidade, tres campus

This content is currently not available in English

A Universidade de Vigo foise consolidando desde o seu nacemento en 1990 coma un referente para a formación e a innovación, tanto no plano galego como a nivel internacional

Somos unha universidade pública con presenza nos concellos de Ourense, Pontevedra e Vigo. Con base na docencia, na investigación e na transferencia, os tres campus da Universidade de Vigo salientan pola súa especialización ao tempo que manteñen a complementariedade entre eles. Trátase, pois, de tres campus especializados onde poderás estudar titulacións de grao, duplos graos, mestrados e programas de doutoramento, nunha trintena de centros para a formación e a investigación.

Unha rede de centros propios completa o mapa de infraestruturas destinadas á investigación coas que conta a Universidade de Vigo.

Os campus tamén están dotados de instalacións para o estudo e para alternativas de formación e lecer, con programación continuada no plano cultural, deportivo e actividades de voluntariado. 

 

Os nosos campus


Campus de Ourense na zona onde o famoso reloxio

O Campus da Auga converte o Campus de Ourense en líder na investigación e na docencia en materias relativas á auga, ao medio ambiente e ao desenvolvemento sostible. 


Casa das Campus. Sede da vicerreitoría do Campus de Pontevedra

O Campus de Pontevedra, Campus CREA, especialízase na creatividade e a innovación sostible, e nel impártense titulacións que afondan na especialización do campus a través da arte, a comunicación e a creatividade, a educación, a innovación social...


persoas diante do edificio de Xerencia no Campus de Vigo

Campus de Vigo, Vigo Tecnolóxico, está especializado no ámbito da tecnoloxía. Conta con centros de referencia na investigación e ofrece titulacións específicas como as enxeñarías industrial, de telecomunicación ou biomédica.