Secretaría Xeral
This content is currently not available in English
Miguel-Ángel Michinel
Secretario xeral
Doutor en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, obtivo en 1996 o premio internacional José de Yanguas á mellor tese de doutoramento en Dereito Internacional Privado, área que coordina nos campus de Ourense e Vigo a partir o ano 1994. Profesor titular desde 1999, está acreditado a cátedra desde febreiro de 2012.
Investigador principal de diversos proxectos no ámbito galego e español, publicou máis de cincuenta artigos e capítulos de libro, así como sete monografías, a última editada a finais de 2017 en coautoría na Universidade de Columbia (USA) co patrocinio da Fundación Ford, en formato bilingüe (inglés/español).
Está especializado na litigación internacional, arbitraxe de investimentos estranxeiros e dereito de autor internacional, entre outros campos. Fixo diversas estadías de investigación: no Max-Planck-Institut de Múnich (Alemaña), no Instituto de Dereito comparado da mesma cidade, na Freie-Universität de Berlín, na Université Panthéon-Assas Paris II (Francia), e na Western Australia University de Perth. Tamén desenvolveu estadías docentes na Universidad de Holguín (Cuba), da que é profesor convidado.
Foi decano da Facultade de Dereito no campus de Ourense entre os anos 2009 e 2012 e vicedecano en dúas ocasións. É árbitro da Corte de Arbitraxe da Cámara de Comercio Hispano-Portuguesa. Así mesmo dirixiu unha cátedra Jean Monnet sobre cooperación xurídica internacional na Universidade de Vigo.
Organización
- Fernanda Rivas Suanzes
Directora de Área de Asuntos Xerais
+34 986 130 243
fersuanzes@uvigo.es - Joaquín Collazo Rodríguez
Director de Área de Calidade
+34 986 813 625
dircalidade@uvigo.es
- Alma Gómez Rodríguez
Directora de Área de Administración Electrónica
Competencias
- A representación oficial da universidade ante os poderes públicos en materia xudicial e administrativa.
- A dependencia funcional da Asesoría Xurídica, actuando de canle a Secretaría Xeral para a petición dos informes xurídicos que apoien a actuación dos órganos colexiados e unipersoais, agás a Xerencia que poderá solicitalos directamente en asuntos da súa competencia.
- O impulso, a dirección e a coordinación da revisión e da actualización normativa.
- A organización e a dirección dos rexistros e dos arquivos da universidade.
- A organización e a dirección do servizo de información, que se encargará da resolución de solicitudes realizadas a partir do dereito de acceso á información pública.
- A organización e a dirección da xestión da calidade na universidade e os procesos asociados.
- O impulso e a avaliación das actividades de implantación e desenvolvemento da administración electrónica, de acordo coa Vicerreitoría de Planificación.
- A coordinación da matrícula e a proposta de calendario escolar.
- A elaboración da memoria anual do curso académico.
- A sinatura de certificacións supletorias dos títulos propios.
- A tramitación e a supervisión formal dos expedientes informativos e disciplinarios.
- A supervisión formal dos expedientes de responsabilidade patrimonial.
- A xestión de convenios con outras institucións.
- A sinatura das resolucións que autoricen ou deneguen as rectificacións das actas académicas.
- A delegación da sinatura en resolucións reitorais polas cales se resolvan demandas de estudantes relacionadas coa súa actividade académica.
- A organización e o control dos procesos electorais correspondentes aos órganos de goberno de carácter xeral.
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 614
sxeral@uvigo.es