Vicerreitoría do Campus de Ourense

This content is currently not available in English

Foto da vicerreitora do Campus de Ourense, Esther de Blas

María Esther de Blas
Vicerreitora

Doutora en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela, é profesora da Universidade de Vigo desde a súa creación en 1990, onde impartiu docencia nos tres campus.

O seu currículo investigador abrangue diferentes aspectos relacionados co medio ambiente que se poden encadrar en tres liñas fundamentais: factores que regulan a dispoñibilidade de P no solo; degradación de solos por incendios forestais, erosión e hidrofobia; e xeoquímica de ecosistemas litorais en relación coa dinámica do metano. 

Participou en 19 proxectos de investigación e contratos con empresas ou administracións. O traballo realizado plasmouse en numerosas publicacións e participacións en congresos. Tamén colaborou na revisión de numerosos artigos científicos en revistas SCI, e na avaliación de teses doutorais e proxectos de investigación locais, nacionais e estranxeiros.

No ámbito da xestión, desempeñou o cargo de directora delegada da Escola Universitaria de Enfermaría de Ourense. Foi secretaria do Departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencia do Solo, membro electo polo sector de axudantes no claustro constituínte e o Consello de Goberno, onde participou activamente nas comisións que elaboraron os primeiros estatutos da Universidade de Vigo.

 

  • Javier Rodeiro Iglesias
    Director de Área de Infraestruturas do Campus de Ourense e CITI
    +34 988 387 020​​​​ 
  • Enrique Barreiro Alonso
    Director do Campus da Auga
    +34 988 368 911
    direccion.campusauga@uvigo.es
  • Ana Mª Torrado Agrasar
    ​​​​​​Directora de Área de Dinamización Cultural e Educativa e Integración do Campus
    +34 988 387 091​​​​​​
  • Ana María Rodríguez Rodríguez
    Secretaria da Vicerreitoría
    +34 988 387 300
    vicou@uvigo.es

  • As de proxección, coordinación e representación da universidade no ámbito territorial do Campus de Ourense.
  • As relacionadas directamente cos asuntos específicos do Campus de Ourense.
  • As derivadas da descentralización administrativa no Campus de Ourense.
  • As relativas ao Campus de Ourense das áreas das outras vicerreitorías que se atopen descentralizadas.
  • As relacionadas coa planificación, a coordinación e a execución de políticas e accións relativas ao Campus da Auga, no marco das políticas xerais que a universidade defina para os seus Campus de especialización.
  • As relacións, en representación do reitor, coas institucións e coas empresas de carácter público e privado, así como a sinatura de todo tipo de protocolos e convenios relacionados coas actividades destas, cando así sexa considerado oportuno polo reitor.
  • As relativas a empresas e a institucións, incluídas as cátedras de empresa e os cursos complementarios, e a sinatura de convenios de colaboración e os de cooperación educativa en todas as materias obxecto desta delegación.
  • As relacionadas coas empresas de base tecnolóxica e viveiros de empresas no ámbito de influencia do Campus de Ourense-Campus da Auga.
  • As relativas á tramitación de proxectos de investigación, tanto no ámbito nacional coma autonómico, así como contratos ao abeiro do artigo 83 da LOU, no ámbito de influencia do Campus de Ourense.
  • As correspondentes ás estruturas propias de investigación e centros propios de investigación referentes ao Campus da Auga, en coordinación coas vicerreitorías de Planificación, Investigación e Transferencia.
  • As correspondentes ás relacións con axentes de investigación nacionais e internacionais e con outros centros de I+D+i no ámbito de especialización do Campus da Auga, en coordinación coas vicerreitorías de Investigación e Transferencia.
  • As referidas á convocatoria de bolsas propias no ámbito das competencias delegadas nos puntos anteriores e os seus procedementos derivados.

Campus As Lagoas s/n
32004 Ourense
+34 988 387 300
vicou@uvigo.es