Vice-Rector for Pontevedra Campus

This content is currently not available in English

Eva María Lantarón Caeiro, vicerreitora do Campus de Pontevedra

 

Eva María Lantarón Caeiro é diplomada en Fisioterapia pola Universidad de Vigo (1998) e doutora pola Universidad de Málaga (2010). É especialista en Fisioterapia Respiratoria pola Universidade da Coruña e en Drenaxe Linfático Manual pola Université Libre de Bruxelles. Realizou unha estadía de docencia e de investigación cunha bolsa da AECI na Universidade Federal do Río Grande del Norte (Natal-Brasil) e dúas no Hospital Clínico Universitario de Valencia (España).

Profesora da Universidade de Vigo desde abril de 1999, obtivo a praza de titular de escola universitaria en 2003 e de profesora titular de universidade en 2010. Imparte docencia nas materias de fisioterapia respiratoria e masoterapia especial e valoración en fisioterapia, entre outras. Tamén imparte cursos de formación continuada especializada.

En relación á súa actividade investigadora, é membro do Grupo FS1-Fisioterapia. A súa produción científica abarca a coautoría de máis de 40 artigos científicos (oito incluídos no JCR), dous capítulos de libro e 29 capítulos de libro/comunicación, máis de 100 comunicacións a congresos de ámbito nacional e internacional. Dirixiu unha tese de doutoramento e máis de 50 TFG:

Desde decembro de 2020 preside a Conferencia nacional de decanos e decanas de facultades de fisioterapia. Desenvolveu en dúas ocasións o cargo de decana na Facultade de Fisioterapia, onde tamén foi tamén vicedecana. Na Escola Universitaria de Fisioterapia foi subdirectora e secretaria académica. Coordinou as prácticas académicas externas da titulación de fisioterapia durante máis de 18 años  e o título durante tres.

Foi vicepresidenta do COFIGA de 2000 a 2011 así como conselleira do Consello Xeral de Colexios de Fisioterapeutas de España desde a súa fundación ata 2011. Dirixiu o IV Curso de posgrao en fisioterapia termal e balneoterapia así como diversos cursos de formación continuada e coordinou o Curso de posgrao de especialista en fisioterapia do deporte en catro das súas edicións. 

  • As de proxección, coordinación e representación da Universidade no ámbito territorial do campus de Pontevedra.
  • As relacionadas directamente cos asuntos específicos do campus de Pontevedra.
  • As derivadas da descentralización administrativa no campus de Pontevedra.
  • As relativas ao campus de Pontevedra das áreas das outras vicerreitorías que se encontren descentralizadas.
  • As relacionadas coa planificación, coordinación e execución de políticas e accións relativas ao Campus Crea, en coordinación coa Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación, no marco das políticas xerais que a Universidade defina para os seus campus de especialización.
  • As relacións, en representación do reitor, coas institucións e coas empresas de carácter público e privado, así como a sinatura de todo tipo de protocolos e de convenios relacionados coas actividades destas, cando así sexa considerado oportuno polo reitor.
  • As relativas a empresas e a institucións, incluídas as cátedras de empresa (en coordinación coa Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación) e os cursos complementarios, e a sinatura de convenios de colaboración e os de cooperación educativa en todas as materias obxecto desta delegación.
  • As relacionadas coas empresas de base tecnolóxica e os viveiros de empresas no ámbito de influencia do campus de Pontevedra.
  • As correspondentes ás estruturas propias de investigación e centros propios de investigación referentes ao Campus Crea, en coordinación coa Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación
  • As correspondentes ás relacións con axentes de investigación nacionais e internacionais e con outros centros de I+D+i no ámbito de especialización do Campus Crea, en coordinación coa Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación.
  • As referidas á convocatoria de bolsas propias no ámbito das competencias delegadas nos puntos anteriores e os seus procedementos derivados.

 

Axenda

 

Organización

  • Xornadas Crea
  • Xornadas de investigación
  • Revista Crea

Ana Belén Fernández Souto
Directora da Área do Campus de Especialización Crea
+34 986 802 080
vic.pon@uvigo.gal

  • Proxectar a Universidade de Vigo na vida cultural e deportiva de Pontevedra e da súa contorna.
  • Organizar, fomentar, celebrar e realizar o seguimento de actividades de extensión universitaria no campus de Pontevedra.
  • Organizar, autorizar e realizar o seguimento do uso dos espazos da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.
  • Xestión e controlar a sala universitaria profesor Manuel Moldes situada na Facultade de Belas Artes.
  • Xestionar actividades de educación ambiental no campus de Pontevedra e articular o compromiso adquirido pola UVigo en favor dun desenvolvemento más sustentable e equitativo para implicar a comunidade universitaria na mellora ambiental do campus.
  • Programar, supervisar e executar novas infraestruturas, así como reformar, remodelar, adaptar ou reparar as existentes, en coordinación cos centros do campus de Pontevedra.
  • Representar a vicerreitora do Campus de Pontevedra na súa ausencia e cando lle sexa encomendado.

Luis Torres Vázquez
Director da Área Adxunta á vicerreitora do Campus de Pontevedra
+34 986 802 080
vic.pon@uvigo.gal 

Miguel Ángel Cabañas Díaz
Secretaría
+34 986 802 080
vic.pon@uvigo.gal

 

Casa das Campás
Rúa Don Filiberto 9-11 
36002 Pontevedra
+34 986 802 080
vic.pon@uvigo.gal