Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria

This content is currently not available in English

Vicerreitora estudantes e extensión UVigo. NataliaCaparrini

Natalia Caparrini
Vicerreitora

Licenciada en Ciencias Xeolóxicas pola Universidad Complutense de Madrid e doutora pola Universidad Politécnica de Madrid, é desde 2008 contratada doutora na Universidade de Vigo.

Docente universitaria na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía no Departamento de Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio Ambiente, impartiu diversas materias en titulacións (Enxeñaría de Minas), en graos (Enxeñaría da Enerxía e en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos) e en mestrados de perfil investigador e profesionalizante (mestrado en Tecnoloxía Ambiental, mestrado  en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural, mestrado en Enxeñaría de Minas).

Forma parte do grupo de investigación Xeotecnoloxías Aplicadas, recoñecido como grupo de referencia e competitividade. É coautora de máis de 20 publicacións e participa en máis de 30 contratos con empresas e proxectos de investigación. Dirixiu máis de 40 TFM/TFG/PFC.

Desempeñou diversos cargos de xestión: secretaria, subdirectora de Organización Académica e coordinadora de Calidade da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, coordinadora do Grao en Enxeñaría da Enerxía, do Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos e do Mestrado en Tecnoloxías para a Protección do Patrimonio Cultural Inmoble. 

  • José Ignacio Armesto Quiroga 
    Director de Área de Extensión Universitaria
    +34 986 130 262
    dirextension@uvigo.es 
  • Susana Rodríguez Barcia
    Directora de Área de Captación de Alumnado
    +34 986 130 262
    dircaptacion@uvigo.es

  • A promoción e a difusión da oferta académica da universidade, así como a proxección da universidade na vida cultural e deportiva do territorio de influencia da Universidade de Vigo.
  • As relativas á captación e ao acceso do alumnado da universidade.
  • As correspondentes ao aloxamento e ao transporte.
  • As de organización, fomento, celebración e seguimento de actividades de extensión universitaria, así como de atención e información á comunidade universitaria.
  • O recoñecemento de créditos ao estudantado pola realización de actividades universitarias complementarias, así como a convocatoria, xestión e recoñecemento de prácticas externas.
  • As relacionadas co recoñecemento, defensa e vixilancia dos dereitos e deberes do estudantado, incluídas as relativas á avaliación e á cualificación do alumnado.
  • A proposta e a xestión de actuacións para mellorar a formación transversal do estudantado.
  • A supervisión da execución dos procesos para conceder bolsas e axudas convocadas por outras institucións públicas ou privadas, incluída, se é o caso, a presidencia ou a representación da universidade nos distintos órganos que se constitúan para a súa xestión.
  • As relacionadas co fomento do emprego e do emprendemento do estudantado.
  • O deseño, planificación e xestión dos programas de mobilidade e intercambio no marco do Estado.
  • As relativas ás relacións da universidade cos seus egresados e egresadas.
  • As referidas á convocatoria de bolsas propias no ámbito das competencias delegadas nos puntos anteriores e os seus procedementos derivados.
  • As referidas á convocatoria e concesión das bolsas de estudo propias destinadas a subvencionar as actividades académicas do alumnado da universidade.

 

Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 586
estudantes@uvigo.es