Vicerreitoría de Economía

This content is currently not available in English

Vicerreitor Economía UVigo José Martin

José M.ª Martín
Vicerreitor

Profesor titular da Universidade de Vigo dende o ano 2000, é ademais director do Departamento de Fundamentos da Análise Económica e Historia e Institucións Económicas. Foi secretario do Departamento de Fundamentos da Análise Económica e secretario académico e decano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

A súa carreira profesional estivo centrada no sector público e privado, en institucións relacionadas con realidades e actividades do mundo económico-empresarial. Realizou actividades de control e xestión de proxectos, relacións institucionais e liderado de equipos. 

É membro de Rede (un grupo de investigación consolidado que analiza aspectos relacionados coa innovación, enerxía, economía e medio ambiente) de Ecobas (Economics and Business Administration for Society) e da Rede Alumni Microeconomics of Competitiveness da Universidade de Harvard.

O seu traballo foi publicado en revistas indexadas tanto nacionais como internacionais de recoñecido prestixio e regularmente participa en conferencias, seminarios e obradoiros.

Tamén participou e foi director de proxectos de investigación e consultoría no sector público e privado e realizou estancias en organismos e universidades nacionais e internacionais.

Foi profesor e responsable de Relacións Institucionais do Mestrado en Economía, Mercados Financeiros e Empresa, e profesor nos mestrado en Economía e no de Economía para non economistas.

Foi director xeral da Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento, director do Sistema de Vixilancia Competitiva do Cluster do Granito de Galicia, asesor do Centro Tecnolóxico do Granito, colaborador-asistente de Investigación do IGAPE, da Secretaria Xeral de Análise e Previsión da Xunta de Galicia e de SACE consultores.

É profesor de macroeconomía no Departamento de Fundamentos da Análise Económica, e profesor homologado na EOI de Madrid participando como director de Coñecemento en servizos de Consultoría do programa de Consolidación de PEMES do Fondo Social Europeo.

Eugenia Rodríguez González
Secretaría
+34 986 813 440
vic.eco@uvigo.es

 

  • As de coordinación e de xestión en materias económicas.
  • A sinatura de convenios relacionados coa xestión orzamentaria da universidade e, se é o caso, de contratos-programa.
  • A coordinación de asuntos ou de iniciativas que teñan repercusión nas partidas de ingresos ou gastos orzamentarios.
  • As de elaboración, en coordinación coa Xerencia, das liñas e directrices do orzamento anual da universidade e da súa política económica.
  • As relacionadas coa captación de recursos externos.
  • As relacionadas coas cátedras de empresa da universidade, así como as relacións co contorno económico-empresarial.
  • As referidas á convocatoria de bolsas propias no ámbito das competencias delegadas nos puntos anteriores e os seus procedementos derivados.

 

Edificio Exeria
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
Teléfono: 986 813 440
 vic.eco@uvigo.es