Vice-Rector for Research, Transfer and Innovation

This content is currently not available in English

Belén Rubio Armesto, vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación

 

Belén Rubio Armesto é catedrática de Estratigrafía no Departamento de Xeociencias Mariñas e Ordenación do Territorio da Universidade de Vigo desde 2009. Profesora da Universidade de Vigo desde 1991, impartiu clases de grao, mestrado e doutoramento. Dirixiu seis teses de doutoramento e 13 traballos de fin de grao, mestrado e licenciatura.

Como investigadora, pertence ao Grupo de Xeoloxía Mariña e Ambiental, no que centra o seu traballo no estudo da sedimentoloxía dos medios mariños costeiros e profundos, con énfase na contaminación por metais, os cambios diaxenéticos e a evolución paleoambiental e paleoclimática. Con cinco sexenios de investigación e un de transferencia, participou en máis de 30 proxectos de investigación, en nove deles como investigadora principal, nos ámbitos autonómico, nacional e europeo, así como nuns 20 contratos con empresas. Ten publicados máis de 100 traballos científicos (artigos en revistas, capítulos de libros etc.), máis da metade en revistas JCR. Participou en máis dunha ducia de campañas oceanográficas e conta con máis de 200 contribucións a congresos.

No ámbito da xestión, foi decana da Facultade de Ciencias do Mar (2013-2018). Desde 2013 está activamente implicada como membro do Consello de Goberno da Universidade de Vigo. Foi secretaria da Conferencia de decanos e decanas de ciencias do mar desde a súa constitución en 2015 ata xuño de 2018. Tamén foi secretaria do departamento durante máis de 12 anos. Desde 2018 é vicerreitora de Investigación, membro do comité executivo da CRUE de I+D+i e coordinadora da súa Rede Divulga.

Participou en comisións de avaliación de proxectos, profesorado, bolsas etc. Ten experiencia na organización de congresos, seminarios, xornadas e participou na organización de nove congresos internacionais, un deles como coordinadora. É revisora habitual de artigos en revistas do JCR, no campo das xeociencias e das ciencias ambientais.

  • O deseño e a implantación de políticas que fomenten a investigación de excelencia e a súa transferencia ao tecido socioeconómico, así como a súa difusión á sociedade a través da Unidade de Cultura Científica en colaboración coa Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais.
  • A promoción, avaliación e recoñecemento das actividades de investigación e de transferencia de coñecemento en todos os ámbitos da Universidade de Vigo.
  • As relacionadas coas diferentes convocatorias de axudas e de bolsas de investigación e de transferencia.
  • As relativas á Biblioteca Universitaria e ao Servizo de Publicacións.
  • As de realización de propostas de equipamento de centros de investigación e as de xestión e coordinación dos recursos de investigación.
  • As correspondentes aos institutos universitarios, centros de investigación e ás agrupacións estratéxicas de investigación.
  • A proposta, formalización e contratación de proxectos de investigación e transferencia, tanto no ámbito nacional como internacional.
  • As referentes ás convocatorias de contratación de persoal investigador e á sinatura dos contratos do persoal de investigación recollidos na normativa de contratación do persoal investigador e de apoio á investigación da Universidade de Vigo, no marco da normativa laboral e orzamentaria da Universidade de Vigo.
  • As relacionadas con contratos, informes e cursos do artigo 60 da LOSU.
  • As referentes á transferencia de tecnoloxía e á valorización e protección e explotación de resultados.
  • As correspondentes, en materia de I+D, á Oficina de Proxectos Internacionais e ás relacións con outros centros de I+D.
  • As relacionadas cos parques tecnolóxicos, centros tecnolóxicos, empresas de base tecnolóxica e viveiros de empresas, en coordinación, de ser o caso, coas vicerreitorías dos Campus de Ourense e de Pontevedra.
  • As relacionadas coa potenciación de plans de formación para empresas, institucións e profesionais.
  • As relacionadas coas cátedras de empresa da universidade, así como as relacións coa contorna económico-empresarial, en coordinación coas vicerreitorías dos Campus de Ourense e de Pontevedra.
  • As relacionadas coa planificación, coordinación e execución de políticas e accións relativas ao Campus do Mar e Campus Vigo Tecnolóxico, ademais das relativas aos campus de especialización Auga en Ourense e CREA en Pontevedra, en coordinación coas vicerreitorías dos Campus de Ourense e de Pontevedra, dentro do marco das políticas xerais que a universidade defina para os seus campus de especialización.
  • As relacionadas coa captación de recursos externos.
  • As referidas á convocatoria de axudas propias no ámbito das competencias delegadas nos puntos anteriores e os seus procedementos derivados.

 

Axenda

 

Organización

  • Apoiar a vicerreitoría na definición de estratexias e de oportunidades relacionadas coa investigación e impulsar as propostas de política científica na Universidade de Vigo.
  • Actualizar ou modificar as normativas relativas ao ámbito da investigación.
  • Contribuír á elaboración da convocatoria de produción científica e de axudas propias, así como doutras convocatorias da vicerreitoría.
  • Coordinar a implantación do selo HRS4R.
  • Impulsar a política de ciencia aberta. 
  • Xestionar os convenios de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento de accións de I+D+i.
  • Realizar o seguimento do Plan estratéxico 2021-2026 da Universidade de Vigo no ámbito da investigación.
  • Todas aquelas funcións afíns á dirección de área que resulten necesarias.

Ana Bernabeu Tello
Directora da Área de Investigación​​​​​
+34 986 130 292
dir.inv@uvigo.gal

  • Coordinar e dirixir as actividades do Servizo de Publicacións e convocar a Comisión de Publicacións.
  • Elaborar as previsións orzamentarias e executar o orzamento de ingresos e de gastos do servizo. 
  • Elaborar e propoñerlle á comisión a política editorial do servizo.  
  • Redactar a convocatoria anual de publicacións de monografías e manuais para a súa remisión á Vicerreitoria de Investigación, Transferencia e Innovación e publicala.  
  • Levar a cabo as edicións de carácter institucional.  
  • Xestionar os sistemas de comercialización e de distribución do fondo editorial.  
  • Aprobar as liñas xerais sobre o límite de tiraxes e o prezo de venda dos materiais do servizo. 
  • Asesorar a comunidade universitaria en materia de elaboración de material impreso.  
  • Encargar as xestións pertinentes para a obtención dos ISBN, dos ISSN e doutras licenzas relativas aos novos formatos electrónicos de publicación polo servizo, así como a xestión do seu depósito legal. 
     

Jorge Luis Bueno Alonso
Director do Servizo de Publicacións
+34 986 812 235
dirsep@uvigo.gal

  • Exercer e coordinar as direccións do CIM e do Campus do Mar, e ostentar a súa representación.
  • Promover e fomentar as relacións do CIM e do Campus do Mar con institucións, organismos públicos e con empresas.
  • Asistir ás reunións da comisión reitora do CIM e do consello reitor do Campus do Mar.
  • Organizar e coordinar os recursos materiais e persoais dispoñibles para o bo funcionamento do CIM e do Campus do Mar.
  • Executar os orzamentos do CIM e do Campus do Mar, e segundo a normativa da Universidade de Vigo.
  • Elaborar a memoria anual de actividades do CIM e do Campus do Mar.
  • Elaborar as planificacións estratéxicas do CIM e do Campus do Mar e o deseño de medios para a súa implantación e seguimento.
  • Trasladar ao persoal investigador as directrices adecuadas para que as actividades do CIM e do Campus do Mar se adecúen ao seus plans estratéxicos e cos obxectivos científicos nel contidos.
  • Xestionar o espazo dispoñible do CIM entre os investigadores.
  • Calquera outra función que lle sexa encomendada expresamente pola comisión Reitora CIM e do consello Reitor do Campus do Mar.
     

Daniel Rey García
Director do Campus do Mar e do CIM
+34 986 130 258
dir.campusdomar@uvigo.gal

José Ramón Gómez Gesteira
Subdirector do CIM
mggesteira@uvigo.gal

  • Apoiar á vicerreitoría na definición de estratexias e oportunidades relacionadas coa transferencia e impulsar as propostas de política de innovación na UVIGO.
  • Actualizar o modificar as normativas relativas ao ámbito da transferencia.
  • Dirixir, planificar e supervisar a organización, a acreditación e as accións do campus de especialización Vigo Tecnolóxico.
  • Promover, apoiar e coordinar as solicitudes de proxectos estratéxicos en colaboración coas empresas.
  • Representar a vicerreitoría e intermediar con asociacións, clústers, hubs, comités, comisións, asembleas etc., para as cuestións relacionadas coas empresas de base tecnolóxica, a innovación industrial e a transferencia de tecnoloxía.   
  • Coordinar, no consorcio ATHENA, as tarefas relacionadas coa innovación e a industria, pola parte da Universidade de Vigo.
  • Todas aquelas funcións afíns á dirección da área que resulten necesarias.  
     

Daniel Villanueva Torres
Director do Campus Vigo Tecnolóxico
dir.vigotec@uvigo.gal

  • Desempeñar a representación oficial dos Servizos que constitúen o CACTI.
  • Organizar, coordinar e supervisa as actividades que se desenvolvan no CACTI
  • Organizar a actividade do persoal que teñan asignados os Servizos, sen menoscabo das competencias da Xerencia da Universidade.
  • Propoñer á Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación e a xerencia as tarifas de utilización dos distintos servizos e unidades do CACTI, que haberán de ser aprobadas pola Xunta de Goberno, por proposta da Comisión de investigación baseándose en criterios obxectivos de custo dos servizos.
  • Presentarlle á comisión do CACTI os criterios de utilización dos aparellos en réxime de autoservizo.
  • Presentarlle á Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación e á Xerencia as solicitudes das necesidades, tanto humanas como materiais, para o correcto funcionamento do CACTI por proposta da comisión do CACTI.
  • Impulsar e fomentar as relacións do CACTI coas institucións, cos organismos públicos e coas empresas para promover a rendibilidade científica dos investimentos.
  • Desenvolver iniciativas que contribúan o financiamento parcial dos custos de funcionamento do CACTI, xa sexa por servizos prestados ou con financiamento externo á Universidade.
  • Executar o orzamento do CACTI.
  • Elaborar unha memoria anual, económica e de actividades que será remitida á Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación para a súa correspondente difusión na comunidade científica.
    Aquelas outras que lle poidan ser conferidas pola regulamentación vixente.

Sandra Bolaño García
Directora do CACTI
dircacti@uvigo.gal

  • Exercer a dirección do centro e ostentar a súa representación.
  • Promover e fomentar as relacións do centro con institucións, organismos públicos e con empresas co fin de promover a rendibilidade científica dos investimentos.
  • Asistir ás reunións da comisión reitora.
  • Organizar e coordinar os recursos materiais e persoais dispoñibles para o bo funcionamento do centro.
  • Executar o orzamento, coa autorización dos distintos pagamentos dentro dos límites establecidos pola comisión reitora e segundo a normativa da Universidade de Vigo.
  • Propoñer a contratación de persoal do centro.
  • Elaborar a memoria anual de actividades.
  • Elaborar a planificación estratéxica do centro e o deseño de medios para a súa implantación e seguimento.
  • Trasladar ao persoal investigador as directrices adecuadas para que a actividade do centro se adecúe ao seu plan estratéxico e cos obxectivos científicos nel contidos.
  • Nomear un subdirector/a, se é o caso, e definir as funcións do cargo, que deberá ser ratificado pola comisión reitora.
  • Colaborar nos procesos de avaliación externa do centro.
  • Traballar para o cumprimento do código de boas prácticas do centro por parte de todos os integrantes do mesmos, tomando as medidas ao seu alcance para tal fin.
  • Xestionar o espazo dispoñible do centro entre os investigadores.
  • Calquera outra función que lle sexa encomendada expresamente pola comisión reitora

Miguel Ángel Correa Duarte
Director do CINBIO
+34 986 130 140
dircinbio@uvigo.gal

Diana Valverde Pérez
Subirectora do CINBIO
+34 986 130 140
dianaval@uvigo.gal

  • Exercer a dirección do centro e ostentar a súa representación.
  • Promover e fomentar as relacións entre o centro e as institucións, organismos públicos e empresas co fin de promover a rendibilidade científica dos investimentos.
  • Asistir ás reunións da comisión reitora por petición expresa desta.
  • Organizar e coordinar os medios materiais e persoais dispoñibles para o bo funcionamento do centro.
  • Executar o orzamento, coa autorización dos diferentes pagamentos dentro dos límites establecidos pola comisión reitora e segundo a normativa da Universidade de Vigo.
  • Propoñer a contratación de persoal do centro.
  • Elaborar a memoria anual de actividades.
  • Preparar a planificación estratéxica do centro e o deseño de medios para a súa implantación e o seu seguimento.
  • Trasladarlle ao persoal investigador as pautas axeitadas para que a actividade do centro se adapte ao seu plan estratéxico e aos obxectivos científicos nel contidos.
  • Nomear un subdirector/a e definir as funcións dese posto.
  • Colaborar nos procesos de avaliación externa do centro.
  • Traballar para cumprir o código de boas prácticas do centro por parte de todos os seus membros, tomando as medidas ao seu alcance.
  • Calquera outra función que lle sexa encomendada expresamente pola comisión reitora. 

Martín Llamas Nistal
Director de atlanTTic
attlantic@uvigo.gal

Yolanda Blanco Fernández
Subdirectora de atlanTTic
yolanda@det.uvigo.es

  • Representar a Ecimat institucionalmente.
  • Liderar e coordinar o persoal e os recursos da estación.
  • Organizar e coordinar os medios materiais e persoais dispoñibles para o bo funcionamento do centro. 
  • Colaborar nos procesos de avaliación externa do centro
  • Executar o orzamento asignado á estación.

José Manuel García Estévez
Director da Ecimat
ecimat@uvigo.gal

  • Exercer a dirección do centro e ostentar a súa representación. 
  • Elaborar a planificación estratéxica do centro e o deseño de medios para a súa implantación e seguimento. 
  • Trasladar o persoal investigador as directrices oportunas para que a actividade do centro se adecúe ao seu plan estratéxico e aos obxectivos científicos recollidos no mesmo. 
  • Executar o orzamento, coa autorización dos diferentes pagos dentro dos límites establecidos pola comisión reitora e segundo as normas de UVigo. 
  • Nomear a un subdirector/a, se é o caso, que será ratificado pola comisión reitora, e definir as funcións do posto. 
  • Organizar e coordinar os medios materiais e persoais dispoñibles para o bo funcionamento do centro. 
  • Promover e fomentar as relacións do centro coas institucións, os organismos públicos e coas empresas a fin de promover a rendibilidade científica dos investimentos. 
  • Proporlle á comisión reitora as incorporacións de membros do centro. 
  • Elaborar a memoria anual de actividades. 
  • Colaborar nos procesos de avaliación externa do centro. 
  • Traballar para o cumprimento do Sistema de Calidade do centro por parte de todos os seus integrantes. 
  • Xestionar o espazo dispoñible do centro entre os investigadores. 
  • Calquera outra función que lle sexa expresamente encomendada pola comisión reitora. 

Concepción Paz Penín
Directora do Cintexc
dircintecx@uvigo.gal

Félix Quintero Martínez
Subdirector do Cintexc
fquintero@uvigo.gal

  • As propias das funcións de secretaría dun centro: dar fe dos actos e acordos dos órganos de goberno, redactar as súas actas das sesións, expedir certificacións no ámbito da súa competencia, custodiar o arquivo e documentación do centro, entre outras. 
  • Impulsar as actividades de transferencia do CISPAC.
  • Coordinar a axenda de transferencia dos cinco campos nos que se divide o CISPAC.
  • Coordinar o Consello de Transferencia do CISPAC.
  • Coordinar a estratexia de valorización do coñecemento do CISPAC mediante a xestión da carteira de servizos.
  • Promover e coordinar os eventos de transferencia que organice o CISPAC.
  • Substituír ao director/a científico/a adxunto/a nos casos de ausencia ou enfermidade.

Xavier Simón Fernández
Secretario comisario do CISPAC
xsimon@uvigo.gal

  • Representar o centro ante institucións, empresas e outras entidades.
  • Presidir as reunións do comité de dirección e do comité científico.
  • Supervisar a actividade do centro e velar polo seu correcto funcionamento.
  • Coordinar o traballo das persoas responsables da xestión administrativa e da comunicación do centro de investigación.
  • Propoñer e organizar seminarios de investigación e de transferencia
  • Propoñer e organizar a celebración de actividades formativas do centro
  • Aprobar a estratexia científica.
  • Supervisar a elaboración dos informes de actividade e de avaliación.
  • Manter e promover a cooperación do centro con outras entidades.

Xabier Labandeira Villot
Director de Ecobas
ecobas@uvigo.gal

  • Convocar e presidir a comisión científica do instituto, a execución dos seus acordos e a súa representación perante o Consello de Goberno da Universidade de Vigo.
  • Representar o instituto no ámbito da súa competencia.
  • Executar os acordos adoptados polo consello do instituto e velar polo seu cumprimento.
  • Organizar e coordinar, de conformidade co consello, os medios persoais e materiais para que se cumpran os obxectivos do instituto.
  • Elaborar as propostas de orzamento e a programación do instituto.
  • Presentar a memoria de actividades e a memoria económica.
  • Propoñerlle á reitora ou reitor o nomeamento da persoa que exerza como secretaria ou secretario.
  • Autorizar os gastos dentro do orzamento anual.
  • Todas as tarefas que non estean expresamente atribuídas a outros órganos de goberno

David Fernández Calviño
Director do Instituto de Agroecoloxía e Alimentación
davidfc@uvigo.gal

  • Apoiar o equipo de goberno na definición de estratexias e de oportunidades relacionadas coa internacionalización da universidade vinculadas á captación de financiamento europeo a través dos proxectos internacionais de educación.
  • Fomentar a través da Oficina de Proxectos Internacionais a participación da comunidade universitaria en proxectos internacionais de educación, facendo un acompañamento completo desde o xerme da idea ata a fin da implementación do proxecto.
  • Proporcionarlle asesoramento especializado ao persoal docente e investigador da Universidade de Vigo na procura de financiamento, socios, oportunidades e convocatorias de proxectos internacionais de educación, especialmente as publicadas pola Unión Europea. 
  • Axudar na comprensión dos requirimentos dos diferentes programas de financiamento internacionais para atopar o máis axeitado ao persoal solicitante da Universidade de Vigo.
  • Organizar e impartir xornadas formativas para o persoal que integra a comunidade universitaria en relación con novas convocatorias de financiamento europeas e a elaboración de propostas internacionais de educación exitosas. 
  • Identificar a alianza de expertas e expertos europeos existentes entre o persoal da Universidade de Vigo para a creación dun laboratorio de ideas UVigo (Think Tank) que poña en común as súas experiencias, transmita o seu coñecemento e afonde nas novas oportunidades sobre financiamento europeo educativo.
  • Contribuír á promoción das relacións internacionais e da imaxe internacional da Universidade de Vigo a través da difusión dos resultados dos proxectos internacionais de educación implementados e a participación en redes de universidades.

Eva Garea Oya
Directora da Área de Proxectos Internacionais de Educación
+34 986 813 954
dir.edu.opi@uvigo.gal

  • Acompañar o persoal investigador en todo o ciclo de vida dos proxectos de investigación.
  • Asesorar na procura de financiamento, socios, oportunidades e convocatorias.
  • Fomentar a participación da comunidade universitaria en proxectos internacionais de investigación.
  • Apoiar na preparación de solicitudes competitivas para todo tipo de programas de financiamento internacional da investigación.
  • Atender a xestión integral dos proxectos internacionais, asesorando na preparación dos informes de progreso na súa parte técnica e encargándose especialmente das cuestións administrativas e financeiras.

Sabela González Panizo
Directora da Área de Proxectos Internacionais de Investigación
+34 986 818 639    
dir.inv.opi@uvigo.gal

  • Potenciar a proxección exterior do instituto.
  • Executar os acordos adoptados pola xunta directiva e velar polo seu cumprimento.
  • Organizar e coordinar os medios materiais e persoais dispoñibles para cubrir os obxectivos do instituto. 
  • Propoñer a contratación de persoal investigador, de apoio á investigación e administrativo para o instituto.
  • Xestionar a execución da asignación orzamentaria de acordo coas propostas da xunta directiva e segundo as normas da Universidade de Vigo.
  • Desenvolver mecanismos e procedementos que favorezan a captación de recursos, o mantemento dun alto nivel científico, así como o establecemento de sinerxías e colaboracións.

Ángel Paredes Galán
Director do Instituto de Física e Ciencias Aeroespaciais, IFCAE
+34 988 387 251
angel.paredes@uvigo.gal

Yolanda Faro Chamadoira
Secretaría
+34 986 813 597
vicinv@uvigo.gal

Germán Pérez Juste
Secretaría
+34 986 130 257
vicinv@uvigo.gal

 

Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 597
vicinv@uvigo.gal