Senate

This content is currently not available in English

O Claustro da Universidade é o máximo órgano de representación e control da comunidade universitaria

Imaxe do claustro


O Claustro debe servir de ámbito para a formulación de interpelacións ao reitor ou á reitora e aos membros do seu equipo, así como ao resto do Consello de Goberno. 

  • Elaborar, aprobar e modificar os Estatutos da Universidade.
  • Aprobar o seu regulamento de réxime interno e outros previstos nestes estatutos como desenvolvemento dos contidos dos seus títulos i e ii.
  • Convocar, con carácter extraordinario, eleccións a reitora ou reitor nos termos fixados nestes estatutos.
  • Crear as comisións que considere oportunas e elixir os seus membros.
  • Elixir os e as representantes no Consello de Goberno e nas comisións específicas non delegadas, cando así se especifique nos propios Estatutos.
  • Elixir e, no seu caso, revogar a defensora ou defensor universitario, aprobar o seu regulamento e recibir e aprobar o seu informe anual.
  • Informar preceptivamente sobre a proposta de creación, modificación ou supresión de centros e de unidades docentes e de I+D+i.
  • Aprobar as normas relativas ao réxime disciplinario dos membros da comunidade universitaria.
  • Coñecer e debater as liñas estratéxicas, programáticas e orzamentarias da Universidade.
  • Coñecer e debater os informes que deba presentar a reitora ou reitor.
  • Informar preceptivamente sobre as funcións correspondentes ao Consello de Goberno recollidas nos apartados i), k) e l) do artigo 16.
  • Cantas outras funcións lle atribúan os Estatutos ou a lexislación vixente.

Son membros natos do Claustro:

  • A reitora ou reitor
  • A secretaria ou secretario xeral
  • A xerenta ou xerente
  • As decanas ou decanos e directoras ou directores de facultades e de escolas

O conxunto dos membros natos e electos deberá respectar a seguinte distribución por sectores:

  • 51 %: profesorado doutor con vinculación permanente (PDI-A)
  • 9 %: resto do persoal docente e investigador (PDI-B)
  • 25 %: estudantado
  • 15 %: persoal de administración e servizos (PAS)