Recognition of activities as teaching training

This content is currently not available in English

A Área de Formación e Innovación Educativa tenta cubrir as necesidades formativas básicas do profesorado pero é consciente de que non pode abarcar todas as competencias que abranguen á docencia universitaria. Por este motivo recoñecerá coma formación permanente do profesorado as actividades formativas que se desenvolvan nos centros e departamentos e que teñan relación coas competencias docentes.
 

Requisitos

  • O recoñecemento tense que solicitar antes de que se realice a actividade.
  • A actividade será financiada polos centros e/ou departamentos da Universidade de Vigo.
  • O número máximo de horas recoñecidas para cada actividade de formación será de 20 horas.
  • Quedan excluídos desta modalidade os congresos e xornadas de difusión de coñecemento agás aquelas especificamente relacionadas coa formación docente.
  • Estas actividades formativas so se lle recoñecerán ao PDI da Universidade de Vigo.


Procedemento

  • Cubrirase a solicitude.
  • Comunicación de recepción da proposta.
  • Comunicación de aceptación/rexeitamento da proposta nun prazo de 2 semanas.
  • Ao finalizar a actividade formativa solicitarase á área a activación da enquisa de satisfacción e a activación do formulario da memoria.
  • Despois de que se verifique que a memoria é correcta e aporta toda a documentación solicitada (follas de sinaturas, memoria e enquisas), nun prazo dun mes emitiranse os diplomas. Estes serán remitidos á persoa responsable da actividade formativa para a súa distribución.

 

Fai a túa solicitude