General Services Unit
This content is currently not available in English
A Unidade de Servizos Xerais ten como misión organizar e xestionar o seguimento do patrimonio e do inventario e prestarlles apoio administrativo ao Departamento Técnico de Obras, á Oficina de Medio Ambiente e á Área de Transporte e Distribución.
Funcións
- Organizar, xestionar e realizar o seguimento do patrimonio e do inventario da Universidade de Vigo
- Elaborar propostas para utilizar eficaz e correctamente as instalacións, os bens e os medios materiais, naturais e técnicos universitarios
- Prestarlles apoio administrativo ás actividades de uso e mantemento das instalacións e dos medios naturais da universidade
- Asistir e prestarlles apoio administrativo ao Departamento Técnico de Obras, Instalacións e Infraestruturas, á Oficina de Medio Ambiente e ás actividades de seguridade e vixilancia
- Programar e organizar a actividade do persoal de servizos xerais de apoio
- Asistir e prestarlles apoio administrativo aos membros da comunidade universitaria no relativo á loxística e ao transporte
- Actuar con criterios de colaboración e de asistencia con outras administracións e entidades relacionadas coa universidade
Onde estamos?
Edificio Filomena Dato, soto
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
Mapa
Horario de atención
De 9.00 a 14.00 h, de luns a venres