International Relations Office

This content is currently not available in English

 

A Oficina de Relacións Internacionais (ORI) centraliza, coordina e xestiona as actividades de cooperación internacional no seo da Universidade de Vigo.

Funcións

  • Informa e asesora a comunidade universitaria sobre os diferentes programas internacionais no ámbito da educación superior
  • Fomenta e xestiona a mobilidade de alumnado e profesorado propios e estranxeiros, en especial no marco dos programas Erasmus+, ISEP, Bolsas MAE e programas de cooperación da Universidade de Vigo
  • Con respecto aos estudantes da Universidade de Vigo proporciona asesoramento aos candidatos/as seleccionados con estes programas sobre a documentación que deben presentar, e información sobre a contía das bolsas e posibles axudas complementarias, así como, sobre as xestións que teñen que realizar coas universidades de destino
  • Con respecto ao profesorado da Universidade de Vigo, a ORI facilita información sobre os programas de intercambio de docencia e programas de cooperación internacional
  • Con respecto ao alumnado estranxeiro, xestiona a aceptación dos que participan nun programa de intercambio, elabora a Guía do estudante estranxeiro e envía os paquetes informativos sobre a Universidade de Vigo, con información sobre os diferentes campus e cidades, recepción, visados, viaxe, busca de aloxamento, matrícula e posibilidades de estudos, en colaboración cos responsables de relacións internacionais
  • Elabora e negocia acordos de cooperación internacional
  • Asegura a presenza da Universidade de Vigo en foros e encontros de educación internacionais

Responsable

Amelia Rodríguez Piña
Directora Técnica 

 

​​​​Persoal do servizo

Ver

Onde estamos?

Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
Mapa

Edificio Redeiras (mobilidade internacional entrante)
Praza do Berbés núm. 11
36202 Vigo
Mapa
 

Horario de atención

De 9.00 a 14.00 h de luns a venres


 

Correos electrónicos