Legal Advice Service

This content is currently not available in English

 

A Asesoría Xurídica é un servizo da Universidade de Vigo que ten por misión asesorar aos órganos universitarios no desenvolvemento da súa xestión co fin de que esta se axuste ao principio constitucional de legalidade, así como defender a universidade perante os xulgados e os tribunais.

Funcións

  • Exercer a representación e a defensa da universidade perante xulgados, tribunais e órganos de resolución de conflitos extraxudiciais
  • Asesorar aos órganos de goberno da universidade e a aqueles que ostenten potestades de carácter resolutorio, así como aos servizos administrativos, mediante a emisión de informes ou ditames
  • Informar a normativa da universidade antes da súa aprobación polos órganos competentes, cando así lle sexa requirido.
  • Informar, con carácter previo á súa sinatura, todos os convenios en que sexa parte a Universidade de Vigo
  • Emitir informe en todos aqueles asuntos nos que o informe da Asesoría Xurídica sexa preceptivo, de conformidade co ordenamento xurídico vixente
  • Asistencia á mesa de contratación da universidade
  • Efectuar o bastanteo dos documentos xustificativos da personalidade e representación das persoas físicas ou xurídicas que contraten ou se obriguen coa universidade
  • Elaborar estudos, informes, ditames e propostas de resolución
  • Actuar con criterios de colaboración e asistencia con outras administracións e entidades relacionadas coa universidade

Responsable

María José Pousa Crespo
Xefa de Servizo

 

 

Persoal do Servizo

Ver

Onde estamos?

Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcsoende
36310 Vigo
Mapa
​​​​

Horario de atención

De 9.00 a 14.00 h de luns a venres


 

Correos electrónicos

Teléfonos