Research and Development Support Service
This content is currently not available in English
O Servizo de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento encargase da xestión de proxectos e recursos humanos, da xestión de contratos e convenios e a xestión económica dos programas orzamentarios de investigación.
Funcións
- Elaborar, difundir e xestionar as convocatorias propias de axudas á investigación e ao desenvolvemento
- Elaborar, difundir e xestionar as convocatorias propias de selección de persoal investigador e de apoio á investigación e ao desenvolvemento
- Difundir, tramitar e prestar apoio á xestión das convocatorias alleas de axudas á investigación e ao desenvolvemento
- Difundir, tramitar e prestar apoio á xestión das convocatorias alleas de selección de persoal investigador e de apoio á investigación e ao desenvolvemento
- Prestar apoio á realización de actividades de captación, capacitación, formación e mobilidade de persoal investigador
- Asesorar e prestar apoio na xestión dos proxectos de investigación a investigadores e grupos de investigación, colaborando na xustificación e rendición de contas
- Difundir, tramitar e prestar apoio a xestión das convocatorias alleas de proxectos de infraestruturas científicas e técnicas
- Asesorar e prestar apoio na xestión das actividades contratadas para realizar traballos de carácter científico, técnico ou artístico, así como para realizar actividades específicas de formación, colaborando na xustificación e rendición de contas
- Planificar e xestionar económica e orzamentariamente os programas de gastos de servizos centrais e de xestión centralizada no eido da investigación e o desenvolvemento
- Elaborar propostas de normas e criterios e resolver incidencias
- Elaborar, difundir e explotar as bases de datos institucionais de información e divulgación científica
- Elaborar estudos e informes
- Tramitar reclamacións e impugnacións e elaborar propostas de resolución
- Establecer criterios e coordinar as actividades das diferentes unidades administrativas nas materias da súa competencia
- Actuar con criterios de colaboración e asistencia con outras administracións e entidades relacionadas coa universidade
Onde estamos?
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
Mapa
Horario de atención
De 9.00 a 14.00 h de luns a venres