Univesity Library

This content is currently not available in English

 

A Biblioteca da Universidade de Vigo xestiona e pon a disposición da comunidade universitaria un conxunto de recursos e servizos de información en apoio das súas actividades de aprendizaxe, docencia e investigación.

A Biblioteca Universitaria é un servizo que a Universidade de Vigo pon a disposición da comunidade universitaria co obxecto de facilitar a aprendizaxe, a docencia, a investigación e a actividade profesional dos seus membros.

Ademais das coleccións e fondos bibliográficos, integran a Biblioteca Universitaria o conxunto de actividades, instalacións, equipos e infraestruturas cos que facilita o acceso, uso, preservación e conservación dos materiais bibliográficos e demais recursos de información.

(art.1 do Regulamento da Biblioteca Universitaria)

Funcións

  • Seleccionar e adquirir os materiais bibliográficos e demais recursos de información en función das actividades de aprendizaxe, docencia e investigación desenvoltas na Universidade de Vigo. Nesta función enténdese tamén incluída a contratación e a obtención dos dereitos de acceso a recursos en formato electrónico
  • Catalogar, procesar, manter, preservar e conservar os materiais bibliográficos e os recursos de información de acordo coas normas, recomendacións e protocolos vixentes tanto nacionais coma internacionais
  • Organizar, manter e administrar o repositorio institucional de acceso aberto da Universidade de Vigo
  • Facilitarlles o coñecemento, acceso e uso dos fondos bibliográficos e os recursos de información aos membros da comunidade universitaria
  • Ofrecerlles aos membros da comunidade universitaria o acceso a materiais bibliográficos e recursos de información que non estean dispoñibles na Biblioteca Universitaria a través dos servizos de obtención de documentos e préstamo interbibliotecario
  • Orientar e asesorar ás persoas usuarias no uso dos fondos bibliográficos e os recursos de información, así como do resto de servizos, equipos e instalacións que a biblioteca pon a disposición
  • Realizar actividades formativas que fomenten no estudantado e persoal investigador as competencias informacionais e dixitais necesarias na aprendizaxe e na investigación
  • Calquera outra función que, dentro do seu ámbito de actividade, permita mellorar os seus servizos ou se dirixa a dar soporte ás actividades da comunidade universitaria ou contribúa a unha actuación socialmente responsable da Universidade de Vigo

(art.2 do Regulamento da Biblioteca Universitaria)


 

Responsable

Gerardo Marraud
Director


 

Persoal do Servizo

Ver

 

Onde estamos?

Rúa Leonardo da Vinci, s/n
As Lagoas, Marcsoende
36310 Vigo
Mapa
​​​​

Horario de atención

De 9.00 a 14.00 h de luns a venres


 

Correos electrónicos

Teléfonos