DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Na V edición do Curso de Negociación colectiva e individual no ámbito laboral 

Afondando no sistema de negociación colectiva a través dun tratamento integral dos seus aspectos fundamentais 

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Congresos e xornadas
  • Académica
Mª del Carmen Echevarría Figueroa DUVI 30/09/2022

Preto dunha  vintena de persoas participan desde onte e ata o vindeiro 24 de novembro na V edición do Curso de Negociación colectiva e individual no ámbito laboral, organizado pola área de Dereito do traballo e a seguridade social da Universidade de Vigo, en colaboración co Consello Galego de Relacións Laborais. Concertación social e negociación colectiva; comunicación e intelixencia emocional; aspectos estratéxicos da negociación; os acordos extraxudiciais de solución de conflitos colectivos individuais, xunto coa análise de casos reais, os partes na se divide o programa da quinta edición do curso dirixido por Jaime Cabeza Pereiro e Rosa Rodríguez Martín-Retortillo, catedrático e profesora, respectivamente, do departamento de Dereito do traballo e da seguridade social da UVigo.

“O curso ten por obxecto afondar, desde un punto de vista xurídico, estratéxico, psicoanalítico e práctico, no sistema de negociación colectiva e as súas manifestacións, a través dun tratamento integral dos seus aspectos fundamentais”, detalla Rosa Rodríguez, que relación co curso, que comezou onte e se prolongará ata o 24 de novembro, con dúas sesión semanais, o martes e xoves.

Relación laborais suxeitas a cambios constantes

Profesionais dos ámbitos laboral, sindical e empresarial e ex alumnos e ex alumnas do mestrado son os perfís maioritarios das persoas asistentes a esta edición do curso, que conta con “poñentes de recoñecido prestixio, docentes da UVigo e doutras universidades, expertos do ámbito sindical, da empresa, profesionais xurídicos, inspectores de traballo, etc.”, detalla a co directora do curso. Para Rosa Rodríguez que se imparta unha formación destas características resulta especialmente interesante neste momento, “no que as relacións laborais están suxeitas a constantes cambios e o papel da negociación colectiva é esencial para dotar de garantías ás persoas traballadoras e ás empresas”, asegura.

A catedrática de Dereito do traballo e da seguridade social da Universidad de Córdoba Carmen Sáez Lara foi a encargada de impartir onte xoves a lección inaugural do curso, que se desenvolverá na sede da Tesourería xeral da Seguridade Social en Vigo.