DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Serán este xoves pola tarde no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico

Astronomía para todos os públicos en dous talleres organizados pola Universidade

Serán este xoves pola tarde no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Divulgación
  • Institucional
DUVI 23/05/2022

Achegar o mundo da astronomía dun xeito ameno e sinxelo ao público xeral e, en especial, a un público familiar. Este é a idea dos obradoiros de astronomía Astrofamilias, unha nova iniciativa posta en marcha pola Universidade de Vigo dentro do plan anual de actividades Ciencia de Ida e Volta. Serán este xoves pola tarde, a partir das 17.00 horas, no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico (Avenida de Beiramar, 55).

Para impartir os talleres contarase coa participación de Ana Ulla, astrofísica e investigadora da Universidade de Vigo, e Adolfo García, capitán da Mariña Mercante e profesor de Navegación no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico. Cada un deles farase cargo dun obradoiro de arredor dunha hora de duración. O de Ana Ulla centrarase no funcionamento das estrelas e o de Adolfo García consistirá nunha visita ao planetario na que el exercerá como guía. Divididos en dúas quendas, o grupo 1 visitará primeiro o planetario –de 17.00 a 18.00 horas- e logo asistirá ao taller sobre o funcionamento das estrelas –de 18.00 a 19.00 horas- e o grupo 2 gozará, en orde inverso, destas mesmas actividades.

Esta acción, organizada desde a Unidade de Cultura Científica,  conta co financiamento da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (Fecyt), dependente do Ministerio de Ciencia y Tecnología, e a colaboración do Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico. O obradoiro lanzouse o pasado venres e en apenas dous días xa se cubriron as 50 prazas dispoñibles.