DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Tamén se pode acceder ás instalacións deportivas ao aire libre de xeito individual e con máscara

As bibliotecas abren as súas portas á comunidade universitaria cun límite do 30% do aforo máximo permitido 

Tags
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Ourense
  • Pontevedra
  • Vigo
  • Saúde
  • Institucional
DUVI 18/02/2021

Logo da publicación do Decreto 26/2021 do 15 de febreiro da Presidencia da Xunta que modifica o 8/2021 de 26 de xaneiro, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, a Reitoría fixo pública unha resolución na que adecúa a actividade docente na UVigo ás novas restricións.  Ademais de prolongar a docencia virtual ata as 00.00 horas do día 1 de marzo, momento no que se restablecerá a actividade presencial, a resolución reitoral resolve permitir o acceso aos membros da comunidade universitaria de xeito presencial ás dependencias das bibliotecas da Universidade de Vigo co límite do 30% da capacidade máxima permitida.

Así mesmo, a resolución reitoral do 17 de febreiro, resolve permitir o acceso ás instalacións deportivas universitarias ao aire libre para a práctica deportiva de xeito individual e con utilización de máscara. No caso dos pavillóns deportivos universitarios, poderá acceder aos mesmos unicamente o persoal adscrito ao servizo de deportes, agás no previsto para actividades deportivas federadas a nivel autonómico e nacional, consonte ao disposto no apartado 3.15 da Orde de 26 de xaneiro do 2021 modificada pola Orde do 15 de febreiro do 2021.