Competiron as categorías masculina e feminina
O campus acolleu o I Torneo Internacional Rugby Ourense Termal
Os equipos convidados de fóra de Galicia foron o Coreti Bierzo Rugby e a Escola de Rugby do Porto
O campo de rugby do campus de Ourense acolleu este sábado o I Torneo Internacional Rugby Ourense Termal. A cita, organizada polo Campus Universitario Ourense Rugby Club, contou con competición feminina na modalidade de rugby 7s e masculina, na modalidade de rugby XV. Na primeira delas participaron o Campus Universitario Ourense Rugby Club, o Coreti Bierzo Rugby e un combinado de Galicia. Na segunda o Campus Universitario Ourense Rugby Club, o Coreti Bierzo Rugby, a Escola de Rugby do Porto A e a Escola de Rugby do Porto B. “Foi unha honra acoller tanto a todos os xogadores como aos seareiros que se achegaron a desfrutar con nós”, destacan da xornada desde o club ourensán.