DUVI

Diario da Universidade de Vigo

cinbio

Tags
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Divulgación
  • Transferencia
DUVI 16/02/2023

O director científico da spin-off BFlow, Bruno K. Rodiño, visitou este xoves as instalación do Cinbio para impartir o seminario  BFlow, como transferir unha idea do laboratorio ao mercado, un taller formativo de carácter práctico no que o persoal investigador do centro tivo a oportunidade de coñecer de primeira man a tecnoloxía desenvolvida por BFlow, empresa recentemente galardoada co premio Bioga BioEmpresa Xove.

Creada hai apenas tres anos, Rodiño presentou esta start-up biotech galega explicando que  esta iniciativa se puxo en marcha co obxectivo de comercializar os denominados sistemas Organ-on-a-chip para a industria farmacéutica, grazas aos cales se pode mellorar o descubrimento e desenvolvemento de novos fármacos, reducindo os costes e a experimentación animal. A través dun breve taller, as persoas asistentes puideron coñecer máis en detalle, da man de Laura Vázquez, investigadora de BFlow, este tipo de produtos e comprobar a versatilidade desta tecnoloxía para aplicala ao traballo que se desenvolve no centro. 

Esta actividade forma parte dun programa permanente de seminarios organizados desde o centro e que permiten ao seu persoal investigador interactuar con empresas, coñecer de primeira man exemplos reais de como levar unha idea do laboratorio ao mercado e, ademais, coñecer novas tecnoloxías e experiencias emprendedoras coas que inspirarse.