DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Os tres reitores e representantes da Xunta reuníronse na Reitoría da UDC

Constituído o grupo de traballo sobre a descentralización do Grao en Medicina

No primeiro encontro fixouse o calendario e as liñas de traballo a seguir 

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Reitor
  • Saúde
  • Institucional
DUVI 23/06/2025

A Reitoría da Universidade da Coruña acolleu este luns a reunión de constitución do grupo de traballo sobre a descentralización do Grao en Medicina, proposto na sesión do 10 de xuño do Consello para a Coordinación da Docencia Clínica en Galicia. Neste primeiro encontro, marcado pola creación do grupo, aprobouse a normativa de réxime interno, así como o calendario de traballo que marcará as liñas de acción cara aos vindeiros meses. 

Esta primeira reunión, convocada e presidida pola Universidade de Vigo, contou coa asistencia do reitor da UDC, Ricardo Cao; o reitor da UVigo, Manuel Reigosa; e o da USC, Antonio López; así como con José Alberto Díez de Castro, secretario Xeral de Universidades; Carmen Balboa, vicexerenta do SERGAS; José Carreira, decano da Facultade de Medicina; José Ramón González, xefe do Servizo de Cardioloxía e Unidade de Coidados Críticos do CHUS e Catedrático de Cardioloxía na USC; Juan Carlos Vázquez, xefe de Otorrinolaringoloxía do CHUAC e docente na UDC; e Ana Concheiro, xefa do Servizo de Pediatría da Área Sanitaria de Vigo e docente da USC.