Foi este domingo no Concello de Baños de Molgas
O coro do campus pechou o IX Tangaraño Cultural cunha actuación musical
A agrupación participou neste certame por segundo ano consecutivo
Como xa aconteceu o pasado ano, o Coro Universitario do Campus de Ourense Schola Cantorum, baixo a dirección de Ruth González, volveu a participar esta fin de semana no IX Tangaraño Cultural. O certame pechou este domingo na localidade ourensá a súa programación despois de levar a súa actividade cultural a Xunqueira de Ambía e Sobradelo. Durante a celebración, á que asistiu Esther de Blas, vicerreitora en funcións do campus de Ourense, a organización concedeulle a Filemón Rivas, responsable de Actividades Culturais no campus de Ourense, o premio do certame, o seu Tangaraño de Honra, por ser “apoio imprescindible nestes anos de percorrido”. A cita tamén contou coa actuación musical de Dani Soldevilla.