DUVI

Diario da Universidade de Vigo

O Campus Universitario Ourense B masculino perdeu fronte a Santiago RC

Desigual sorte para os equipos de rugby na liga galega

A categoría feminina gañou en Pontevedra

Tags
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Deportes
  • Deportes
DUVI Ourense 26/04/2021

Esta fin de semana os equipos de rugby do campus de Ourense que compiten na liga galega deste deporte tiveron desigual sorte nos encontros disputados. Se ben o Campus Universitario Ourense B feminino acadou unha vitoria, tanto o seu homólogo masculino como os sub-18 sumaron cadansúa derrota.  

O sábado o Campus Universitario Ourense B sénior feminino visitou ao Pontevedra para disputar no campo de Monteporreiro a terceira xornada do grupo sur da liga galega de rugby feminina, gañando o encontro cun marcador final de 12-47. Tamén o sábado, o Campus Universitario Ourense B sénior masculino xogou a terceira xornada da liga galega, no seu caso no grupo centro, contra o Santiago RC. O encontro tivo lugar nas instalacións deportivas do campus de Ourense e rematou cun derrota para os ourensáns por 22-40. Xa o domingo, a categoría sub-18 do Campus Universitario Ourense perdeu por 67-17 contra o Kaleido Universidade Vigo no encontro disputado no campo de As Lagoas-Marcosende.