DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Gañou o domingo ao La Única RT nun partido disputado

O equipo de rugby consegue unha vitoria no seu primeiro partido de liga

Os ourensáns compiten na división de honra B do rugby estatal

Tags
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Deportes
  • Deportes
DUVI Ourense 26/10/2020

O Campus Universitario Ourense Rugby Club arrancou este domingo a súa participación na liga 2020/2021 da división de honra B do rugby estatal e fíxoo acadando unha vitoria na casa fronte ao equipo navarro La Única RT, de Pamplona. Con este partido, despois de oito meses de parón debido ao impacto da covid-19, a competición de rugby volveu a Ourense. Foi, indican desde o equipo adestrado por David Monreal, un estreo “nunha mañá chuviosa fronte ao recentemente ascendido La Única RT, que non puxo nada fácil o partido”. “Despois de case oito meses sen xogar, notouse no campo. A pesar de non ter podido xogar amigables polas circunstancias do momento, o resultado dáse por satisfactorio. A ilusión e as gañas volveron e agardamos facer unha boa tempada aínda que sexa máis curta que as habituais”, sinalan desde o club ourensán. O resultado final do encontro entre o Campus Universitario Ourense Rugby Club e La Única RT foi de 25-20. A próxima xornada, os ourensáns desprazaranse a Vitoria para xogar con Gaztedi RT.