DUVI

Diario da Universidade de Vigo

O traballo, realizado xunto a científicos ingleses e americanos, publícase en 'Current Biology'

Investigadores da UVigo participan nun estudo internacional que confirma a exclusión dos saurópodos das zonas climáticas frías 

Estes dinosauros exhibían unha fisioloxía única cunha maior variación na temperatura interna 

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Medios
  • PDI
  • Vigo
  • Publicacións
  • Investigación
Mª del Carmen Echevarría Figueroa DUVI 17/12/2021

A distribución xeográfica de varios tipos de dinosauros durante o período Mesozoico hai 160 millóns de anos é un enigma paleontolóxico sobre o que agora o artigo Climatic constraints on the biogeographic history of Mesozoic dinosaurs, publicado hoxe en Current Biology, achega importantes conclusións. Aínda que os dinosauros amosan unha distribución global, algúns grupos parecen estar restrinxidos a determinadas latitudes, e así, mentres os carnívoros (T-rex, Velociraptor e os seus parentes) e os ornistisquios herbívoros (Triceratops, Stegosaurus e moitos dinosauros de pico de pato) parecían case ubicuamente globais en extensión, con representantes recuperados mesmo na Alaska polar e na Antártida, os xigantes de pescozo longo, os saurópodos, parecían preferir latitudes máis baixas e tropicais. “A pregunta para os paleontólogos era: por que unha distribución xeográfica de polo a polo caracterizaba aos ornitisquios e terópodos, menteas que os saurópodos estaban restrinxidos a latitudes máis baixas? Sabemos que as distribucións xeográficas das especies existentes hoxe en día reflicten en gran medida a súa tolerancia ambiental: quente / frío, seco / húmido”, explican os investigadores do grupo Mapas Lab do CIM da UVigo Alfio Alessandro Chiarenza e Sara Varela, que lembran que, por exemplo, na actualidade as aves e os mamíferos teñen unha distribución case global, que se estende ás latitudes polares altas, mentres que a maioría dos réptiles, como lagartos, serpes, tartarugas, crocodilo e anfibios, limítanse principalmente a latitudes baixas máis cálidas e próximas ao ecuador.

Chiarenza e Varela, xunto aos investigadores do University College London Philip Mannion; da University of Bristol, Alex Farnsworth; e Matthew Carrano do National Museum of Natural History, Smithsonian Institution de Washington, son os autores de Climatic constraints on the biogeographic history of Mesozoic dinosaurs, un artigo no que analizaron a distribución dos dinosauros no Mesozoico, no intervalo hai entre 230 e 66 millóns de años. No seu estudio, os investigadores aplicaron varios métodos para avaliar se a concorrencia de achados fósiles reflicte realmente a distribución dos dinosauros, “despois de ter en conta os caprichos do rexistro fósil e se algúns impulsores ambientais específicos, como o clima, poderían afectar os seus patróns de distribución”, detallan.

Unha peculiar bioloxía que excluía a los saurópodos das zonas climáticas frías

O estudo publicado hoxe por Current Biology revela que os dinosauros saurópodos se viron  más afectados durante a súa historia evolutiva por las barreiras relacionadas coa temperatura, que os terópodos e ornitisquios. “Este fenómeno resultou especialmente marcado nas estacións frías, con rangos de temperaturas para os saurópodos sesgados cara a temperaturas máis altas que outros dinosauros, como terópodos ou ornitisquios que poderían soportar facilmente incluso o inverno máis duro do Polo Norte”, destacan Varela y Chiarenza.

A maior densidade de saurópodos en paleolatitudes máis baixas e a súa ausencia en latitudes particularmente altas, especialmente durante os intervalos máis fríos e no hemisferio norte, suxeriu aos investigadores que os saurópodos “exhibían potencialmente una fisioloxía única, enfatizando a poiquilotermia (maior variación da temperatura interna) en lugar da homeotermia endotérmica (mantendo a temperatura corporal constante mediante a xeración  de calor interna)”, explican os investigadores do grupo Mapas Lab, que sinalan que unha combinación de características podería conferir aos saurópodos unha maior adaptación para a disipación da calor, en comparación cos análogos mamíferos modernos, incluído un sistema respiratorio similar ao das aves, ademais de pescozos e colas longas, que dan forma a súa morfoloxía xeral e permitiulles evitar o sobrequecemento en ambientes cálidos, a pesares do seu tamaño xigante. Ademais de que las estratexias de incubación tamén poden contribuír ás  diferenzas nos rangos paleolatitudinales, os autores do artigo tamén destacan que, fronte a ornitisquios e terópodos que se caracterizaban, cando menos nalgunhas especies, pola presenza dun tegumento illante (como a pelexe en mamíferos e as plumas nas aves), non se atopou unha estrutura tegumentaria similar nos saurópodos.

“Esta peculiar bioloxía dos dinosauros non só excluía aos saurópodos das zonas climáticas frías, particularmente durante os intervalos de tempo máis fríos, senón que tamén regulaba a dispoñibilidade de corredores de dispersión en latitudes altas para estes animais, incluída unha ruta desde América do Sur a Australasia a través da Antártida durante o intervalo máis cálido do Cretáceo”, desvelan os autores do artigo que sinalan ademais que este é un exemplo único de correlación de diferentes liñas de evidencia da bioloxía e ecoloxía destes animais extintos a patróns bioxeográficos a grande escala co clima. Os investigadores da UVigo, University College London ,University of Bristol y del National Museum of Natural History, Smithsonian Institution de Washington, inciden tamén en que a metodoloxía presentada neste estudo “ofrece unha nova ferramenta preditiva para restrinxir aínda máis as hipóteses bioxeográficas, botando nova luz aos debates sobre a bioxeografía, a paleobioloxía e a evolución dos dinosauros”, afirman.