DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Xa están en exposición pública os censos provisionais

O PTXAS funcionario elixirá os seus representantes sindicais o vindeiro 27 de marzo

A proclamación definitiva de candidaturas será o 17 de marzo

Tags
  • Medios
  • PAS
  • Ourense
  • Pontevedra
  • Vigo
  • Democracia
  • Institucional
DUVI 19/02/2025

755 membros do Persoal Técnico de Xestión de Administración e Servizos da Universidade de Vigo están chamados ás urnas o vindeiro 27 de marzo para elixir unha nova Xunta de Persoal.

O censo, que aínda é provisional, está formado por 92 PTXAS no campus de Ourense, 91 no de Pontevedra e 572 no de Vigo e pode consultarse nos taboleiros de anuncios do edificio Exeria, da Escola de Enxeñería Industrial, sede cidade, na Escola de Enxeñaría Informática do campus de Ourense e na Escola de Enxeñaría Forestal do campus de Pontevedra. O censo definitivo farase público o vindeiro martes 25.

No que atinxe ás candidaturas, o prazo para que os sindicatos presenten as súas listas estará aberto entre o 26 de febreiro e o 11 de marzo. Unha vez rematado, procederase á publicación das candidaturas provisionais, e tras un período de reclamacións que se pechará o día 14, a proclamación definitiva das listas terá lugar o luns 17 de marzo. A campaña electoral desenvolverase entre o 17 e o 25 de marzo. O mércores 26 será xornada de reflexión e a votación terá lugar o xoves 27. 

As últimas eleccións, en 2018

Este novo proceso electoral permitirá renovar unha Xunta de Persoal que foi elixida en maio de 2018 e quedara integrada por sete delegados da CIG (ao obter 139 votos) e seis de UGT (con 121 votos). Naquela cita coas urnas, exerceron o seu dereito ao voto 291 persoas dun censo total de 401 PAS funcionarios, o que supuxo unha participación do 72%. 
 

Información sobre o calendario