Gabriel Alén felicitou a Manuel Reigosa pola súa reelección á fronte da UVigo
O reitor reúnese co delegado da Xunta en Ourense
No encontro repasaron as demandas da institución académica en relación coa administración autonómica
Este venres, Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo, reuniuse con Gabriel Alén, delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense. No encontro participaron tamén o vicerreitor en funcións José Luis Míguez (de Planificación e Sostibilidade) e a próxima vicerreitora do campus de Ourense, Elena Rivo. Na xuntanza Gabriel Alén trasladoulle os seus parabéns ao responsable académico tras a súa reelección recentemente á fronte da UVigo e desexoulle “unha etapa exitosa”. Igualmente, os responsables institucionais fixeron repaso durante o encontro das demandas do campus de Ourense en relación á administración autonómica.