A divulgación científica tomará de novo os bares, logo de dous anos de parón por causa da pandemia, na sétima edición de Pint of Science, que se celebrará entre os días 9 ao 11 de maio.
Debido á presión que provocan diversas actividades humanas e co obxectivo de mellorar a súa xestión e conservación, nas últimas décadas, numerosos estudos estanse a centrar nas praderías mariñas do xénero Zostera ou Posidonia, que conforman ecosistemas moi relevantes na franxa intermareal e infralitoral das costas de moitas partes do planeta.
Sarreaus, Folgoso do Courel, Peroxa, Taboadela, Gomesende, Rodeiro… Estes son só algúns dos lugares nos que poderán desenvolver as súas prácticas as 12 alumnas e alumnos que a Universidade de Vigo seleccione para participar no programa Campus Rural.
A Aula de teatro universitaria do campus de Pontevedra estreouse este mércores na XXIV edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Vigo. Para a súa primeira posta en escena escolleron a obra Nosa Señora das Nubes, unha dramaturxia dirixida por Salvador del Río na que se abordan principalmente dous temas: a memoria e o exilio.
Abanca, Bimba y Lola, Cuatrecasas, Garrigues, Grupo Nueva Pescanova, Deloitte, Eulen, Anfaco-Cecopesca… máis de 40 empresas e institucións participan esta semana no campus de Vigo na I edición da Feira Internacional EmpregoInCampus.
O Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial do Río Miño, AECT Rio Minho pon en marcha o Observatorio de Dinámicas Transfronteirizas (ODT), unha iniciativa innovadora que foi presentada en sociedade estes martes co obxectivo de achegar a empresas e administracións información socioeconómica do territorio galego e portugués de maneira conxunta para poñer en marcha iniciativas “de éxito” tanto de políticas públicas como de proxectos privados.
O tratamento do mal na súa obra; a súa relación coas temáticas da Idade Media; a representación visual das súas historias e o uso das runas e o seu legado, foron os temas centrais do seminario Tolkien in the 21st Century, que esta mañá acolleu o salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución.
O profesor e investigador de Ecobas Albino Prada acaba de publicar un novo libro Traballo e capital no século XXI, Mutacións, consecuencias, alternativas, unha obra na que o autor se mete de cheo na reflexión sobre o presente e o futuro do traballo asalariado.
Xa son públicos os 21 finalistas da I edición dos premios ETIV-UVigo á localización de videoxogos, tres por cada unha das sete categorías galardoadas. As propostas gañadoras daranse a coñecer nunha gala final de entrega de premios que se celebrará o 6 de maio no edificio Redeiras.
Para achegar o funcionamento do sector do libro de texto ao seu alumnado, a Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade acolleu este martes un seminario impartido pola tradutora Iolanda Mato Creo, que conta cunha ampla experiencia no sector, tanto no eido da tradución como no da edición.
Tras un ano de traballo, o consorcio do proxecto Biocellphe, liderado pola Universidade de Vigo e do que forman parte outras seis institucións europeas, reuniuse en Vigo para avaliar os primeiros resultados obtidos na procura dunha tecnoloxía de vangarda para a diagnose do cancro a nivel de célula individual.
O candidato a reitor de H2040 Manuel Reigosa comprometeuse este luns, coincidindo co arranque da segunda semana de campaña electoral, a loitar pola creación do que denominou un “minicampus na ETEA”, no que se situarían o CIM, Ciencias do Mar e dous mestrados de Bioloxía.
A cidadanía terá un mes máis para visitar a exposición Vieiros na memoria de Manuel Moldes, que rende homenaxe ao artista e profesor da Facultade de Belas Artes falecido en 2017. Inaugurada o 11 de marzo na Casa Galega da Cultura, en Vigo, a mostra permanecerá aberta ao público ata o próximo 22 de maio.
A promoción da metodoloxía Aprendizaxe-Servizo (ApS) concentra este mes de abril na UVigo diferentes actividades, que van da celebración das II Xornadas Aprendizaxe Servizo: Aprendendo con compromiso, á convocatoria para a presentación de proxectos sobre esta metodoloxía, pasando por un curso formativo, dirixido ao persoal docente interesado en iniciarse neste ámbito.
A UVigo lanza este curso a I Feira internacional EmpregoinCampus con presenza nos tres campus. O obxectivo é pór en contacto aos titulados e tituladas e aos estudantes dos últimos cursos con empresas colaboradoras que están buscando talento nas aulas universitarias.