Hai un ano, a Universidade de Vigo e a Deputación de Pontevedra asinaban un compromiso mutuo para poñer en marcha a Cátedra de Feminismos 4.0 Transcorridos 12 meses, ambas institucións consolidan esta colaboración cun novo convenio que amplía este acordo, no marco do cal a Deputación achega 60.000 euros, que contempla entre outras actividades, unha convocatoria de premios para promocionar, apoiar e fomentar os estudos STEM entre as mozas ou a creación dun “comité de sabias”.
24/07/2020