Este xoves, 18 de xaneiro, ás 20.00 h o grupo teatral do Programa Universitario de Maiores de Ourense, chamado Teatro Entrebambalinas, estreará no Teatro Principal da cidade a súa nova produción, a obra Que viva o duque!
No curso 2018-2019 botou a andar na Biblioteca Universitaria Rosalía de Castro do campus de Ourense o seu club de lectura, chamado A Comarca en referencia ás novelas O hobbit e O señor dos aneis de J.R.R. Tolkien.
Convocada pola Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense, este xoves celebrouse entre os edificios de Ferro e Politécnico unha concentración de “repulsa polos actos vandálicos exercidos contra a exposición de fotografía Resalire”.
A sala de exposicións Alterarte e o paseo da igualdade do campus de Ourense acollen a mostra Resalire. Con fotografía de Fuco Reyes, esta iniciativa da organización non gobernamental Igaxes forma parte da campaña #NonNosXulgues, pola desestigmatización da mocidade tutelada.
Por terceiro ano consecutivo, o coro universitario do campus de Ourense Schola Cantorum ofrecerá o sábado 16 de decembro, ás 20.00 h, o seu concerto de Nadal.
Esta semana, do 12 ao 14 de decembro, celébrase de xeito virtual o I Congreso Ciudades de los Muchachos, no que se fai memoria de Benposta e se aborda o seu legado e os proxectos herdeiros dela.
A Facultade de Ciencias do campus de Ourense acolle este venres a celebración das I Xornadas Filosofía+Ciencia (Ficou), destinadas a alumnado e profesorado de Bacharelato. Nelas exploraranse de xeito divulgativo cuestións fundamentais de filosofía da ciencia.
O campus de Ourense uniuse este xoves e venres á conmemoración 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, coa celebración de varias conferencias e gardando un minuto de silencio. As actividades tiveron lugar no edificio Xurídico-Empresarial.
Xunto ás aulas de teatro e danza, a de música tradicional galega é unha das máis consolidadas no campus de Ourense. Este cuadrimestre, a aula esgotou de novo as súas 13 prazas dispoñibles.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolle deste este xoves e ata o sábado o 6º Congreso Internacional Patrimonio Cultural Inmaterial e Educación, que ten por lema Ponte entre escola e sociedade.
A Facultade de Relacións Internacionais do campus de Ourense acolleu este luns a conferencia Panorama xeopolítico 2024, ofrecida por Francisco Dacoba, director xeral do Instituto Español de Estudios Estratégicos e organizada en colaboración coa Facultade de Historia.
A Área de Dereito Mercantil da Universidade de Vigo organizou este luns na Facultade de Dereito do campus de Ourense un obradoiro sobre a protección do cliente ante as malas prácticas bancarias.
A Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense continuou este luns o seu ciclo de charlas divulgativas Foro Aero coa conferencia Innovación sen crecemento: ciencia, tecnoloxía e innovación nunha era pos-crecemento.
A Sala Alterarte, o espazo expositivo do campus de Ourense, arrancou este curso académico cun novo coordinador, Javier Blanco Sierra, e un novo proxecto expositivo chamado Reciprodicidade.
Este luns pola tarde celébrase de xeito virtual a quinta edición das xornadas Control de xestión desde unha perspectiva de xénero, co-organizadas pola Universidade de Vigo e a Asociación Iberoamericana de Control de Gestión (AICOGestión).